Batalla de Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Moscova
RIAN archive 429 Fresh forces going to the front.jpg
Decembro de 1941.
Data: 2 de outubro de 1941 - 7 de xaneiro de 1942
Lugar: rexión de Moscova, Unión Soviética
Conflito: Segunda Guerra Mundial
Desenlace: vitoria decisiva soviética. Fracaso da Operación Barbarossa.
Combatentes
Alemaña nazi Alemaña Unión Soviética Unión Soviética

Batalla de Moscova é o nome dado polos historiadores soviéticos a dous períodos de combates estratexicamente significativos nun sector de 600 km da fronte oriental durante a Segunda Guerra Mundial. Tivo lugar entre outubro de 1941 e xaneiro de 1942. Os esforzos defensivos soviéticos frustraron o ataque de Hitler a Moscova, capital da Unión Soviética e a cidade máis grande do país. Moscova foi un dos principais obxectivos militares e políticos para as forzas do Eixo na súa invasión da Unión Soviética.

A ofensiva estratéxica alemá, chamada operación Typhoon, planeouse para levar a cabo dúas ofensivas en pinza, unha dende o norte de Moscova contra a fronte de Kalinin realizada polos 3º e 4º exércitos Panzer, simultaneamente cortando o ferrocarril entre Moscova e Leningrado, e outra dende o sur do óblast de Moscova contra a fronte occidental, iniciada no sur de Tula polo 2º exército Panzer, mentres que o 4º exército avanzou directamente cara Moscova dende o oeste. Un plan operacional alemán realizado por separado, chamado Operación Wotan, foi engadido na fase final da ofensiva.

Inicialmente as forzas soviéticas levaron a cabo unha defensa estratéxica do óblast de Moscova construíndo tres cintos defensivos, e despregando novos exércitos de reserva ademais de traer tropas de Siberia e dos distritos militares de oriente. Posteriormente, cando as ofensivas alemás foron detidas, executouse unha contraofensiva estratéxica soviética e operacións ofensivas a menor escala para forzar aos exércitos xermanos a regresar ás posicións ao redor das cidades de Oryol, Vyazma e Vitebsk, case chegando a rodear a tres exércitos alemáns no proceso.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Batalla de Moscova Modificar a ligazón no Wikidata