Batalla do Atlántico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla do Atlántico
Parte de Segunda Guerra Mundial
Officers on the bridge.jpg
Oficias británicos na cuberta dun destrutor británico vixiando aos submarinos inimigos, outubro de 1941.
Data 3 de setembro de 1939 - 8 de maio de 1945
Lugar Océano Atlántico, Mar do Norte, Mar de Irlanda, Mar de Labrador, Golfo de Saint Lawrence, Mar Caribe, Golfo de México, Océano Ártico
Resultado Vitoria aliada
Belixerantes
Reino Unido Reino Unido

Canadá Canadá
Estados Unidos de América Estados Unidos (1941–45)
Terranova Terranova
Dinamarca Dinamarca
Noruega Noruega
Polonia Polonia
Francia Libre Forzas francesas libres
Bélxica Bélxica
Flag of Brazil.svg Brasil (1942–45)
Países Baixos Países Baixos
Flag of France.svg Francia (1939–40)

Alemaña nazi Alemaña

Reino de Italia Italia (1940–43)
Imperio do Xapón Xapón (1941-44)

Líderes
Flag of the United Kingdom.svg Martin E. Nasmith (1939-41)
Flag of the United Kingdom.svg Sir Max K. Horton (1943–45)
Flag of the United Kingdom.svg Frederick Bowhill (1939-41)
Flag of the United Kingdom.svg Philip de la Ferté (1941-43)
Flag of the United Kingdom.svg Sir John Slessor (1943-45)
Canadá Leonard W. Murray
Flag of the United States.svg Ernest J. King
Alemaña Nazi Erich Raeder
Alemaña Nazi Karl Dönitz
Alemaña Nazi Hermann Göring
Baixas
30.258 mariñeiros asasinados[1][2]
2840 buques mercantes[1][2]
175 buques de guerra
119 aeroplanos
27.491 tripulantes de U-Boot asasinados e preto de 5.000 prisioneiros[3]
783 submarinos

A Batalla do Atlántico, termo acuñado polo Primeiro Ministro británico Winston Churchill,[4] foi a campaña militar máis longa da Segunda Guerra Mundial,[5][6] comezando en 1939 e rematando ca derrota de Alemaña en 1945. A principal causa do seu comezo foi o bloqueo naval por parte dos aliados de Alemaña, anunciado ao día seguinte da declaración de guerra, e o conseguinte contra-bloqueo alemán. Estivo no seu apoxeo dende mediados de 1940 ata finais de 1943. A Batalla do Atlántico enfrontou aos U-Boots e outros buques de guerra da Kriegsmarine (Mariña alemá) e os avións da Luftwaffe (Forza aérea alemá) contra a Royal Canadian Navy, Royal Navy, e a mariña mercante Aliada. Os convois, procedentes sobre todo de America do Norte e que tiñan como destino principalmente Reino Unido e a Unión Soviética, foron protexidos, na súa maior parte, polas forzas navais e aéreas británicas e canadenses. Estas forzas recibiron a axuda de buques e avións dos Estados Unidos a partir do 13 de setembro de 1941.[7] Aos alemáns uníronselle os submarinos da Regia Marina (Armada Real Italiana) despois da entrada de Italia na guerra, o 10 de xuño de 1940.

Ao tratarse dunha illa, o Reino Unido dependía moito das súas importacións. O país necesitaba máis dun millón de toneladas de diverso material importado por semana para ser capaz de sobrevivir e loitar. En resumo, a Batalla do Atlántico foi unha guerra de tonelaxe: a loita dos Aliados por abastecer Gran Bretaña e o intento do Eixo de deter o fluxo de mercancías que lle permitían aos británicos seguir loitando. A partir de 1942, os alemáns tamén tentaron evitar que se acumularan subministros e equipos aliados nas illas británicas, para preparar a invasión da Europa ocupada. A derrota dos U-Boots era un requisito previo para facer retroceder aos alemáns. Winston Churchill afirmou a posteriori:[8][9]

A Batalla do Atlántico foi o factor dominante durante toda a guerra. En ningún momento podemos esquecer que todo o que ocorre noutros lugares, na terra, no mar ou no aire depende en última instancia dos seus resultados.

A batalla experimentou importantes cambios de intensidade,[10] pero, a partir de 1943, a situación situación púxose a favor dos Aliados, que conseguiron gañar a guerra, grazas por un lado ao control da zona, debido á súa gran superioridade de medios, e tamén a que contrarrestaron con eficacia ás forzas xermanas, coa utilización de instrumentos coma o radar e o sonar e co emprego de novas estratexias, tales como o uso de barcos patrulla, portaavións de escolta e avións de longo alcance. Os convois de submarinos da Kriegsmarine, despois dun inicio favorábel, pouco a pouco comezaron a sufrir graves perdas, ata a derrota final.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 White, David (2008). Bitter Ocean: The Battle of the Atlantic, 1939-1945. New York, United States: Simon & Schuster. p. 2. ISBN 978-0-7432-2930-2.
  2. 2,0 2,1 Bennett, William J (2007). America: The Last Best Hope, Volume 2: From a World at War to the Triumph of Freedom 1914-1989. United States: Nelson Current. p. 301. ISBN 978-1-59555-057-6.
  3. Bennett, William J (2007). America: The Last Best Hope, Volume 2: From a World at War to the Triumph of Freedom 1914-1989. United States: Nelson Current. p. 302. ISBN 978-1-59555-057-6.
  4. "Battle of the Atlantic" (en inglés). bbc.co.uk. http://www.bbc.co.uk/history/worldwars/wwtwo/ff3_battle_atlantic.shtml.
  5. Blair 1996, p xxxi
  6. Woodman 2004, p 1
  7. Carney, Robert B., Admiral, USN. "Comment and Discussion" United States Naval Institute Proceedings Xaneiro de 1976, p.74.
  8. Costello & Hughes, p.210.
  9. Varios. "LOGÍSTICA: MATEMÁTICAS Y EJÉRCITO (II)". http://riemann.unizar.es/~jortigas/ARTICULO%20LOGISTICA%20II_VFINALESTABLE.pdf. Consultado o 1 de xuño de 2013.
  10. Hart, 2009, p. 520

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

P military green.png
A Galipedia ten un portal sobre:
P history.svg
A Galipedia ten un portal sobre:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Batalla do Atlántico

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Williams, Andrew (2010) [2004]. La Batalla del Atlántico. Editorial Crítica. ISBN 978-84-9892-081-9. http://books.google.es/books?id=LQcZm-r_94sC&printsec=frontcover&dq=la+batalla+del+atl%C3%A1ntico&hl=gl&sa=X&ei=4vqfUfmPNuXg7Qb_tYDYBA&ved=0CDkQ6AEwAA.
  • Buckley, John. The RAF and Trade Defence, 1919-1945: Constant Endeavour. Ryburn Publishing. 1995. ISBN 1-85331-069-7
  • Buckley, John. Air Power in the Age of Total War. UCL Press. 1998. ISBN 1-85728-589-1.
  • Blair, Clay, Jr. Hitler's U-Boat War: The Hunters 1939-1942 Cassel & Co. 1996. ISBN 0-304-35260-8
  • Blair, Clay, Jr. Hitler's U-Boat War: The Hunted 1942-1945. Cassel & Co. 1996. ISBN 0-304-35261-6
  • Blair, Clay, Jr. Silent Victory. New York: Bantam, 1976.
  • Bowling, R. A., CAPT USN (December 1969). Escort-of-Convoy Still the Only Way. United States Naval Institute Proceedings.
  • Copeland, Jack (2004), "Enigma", en Copeland, B. Jack, The Essential Turing: Seminal Writings in Computing, Logic, Philosophy, Artificial Intelligence, and Artificial Life plus The Secrets of Enigma, ISBN 0-19-825080-0
  • Costello, John, & Hughes, Terry. The Battle of the Atlantic. London: Collins. 1977. OCLC 464381083
  • Hendrie, Andrew. The Cinderella Service: RAF Coastal Command 1939-1945. Pen & Sword Aviation. 2006. ISBN 978-1-84415-346-6.
  • Ireland, Bernard. Battle of the Atlantic. Barnsley, UK: Pen & Sword Books. 2003. ISBN 1-84415-001-1.
  • Kohnen, David. “Tombstone of Victory: Tracking the U-505 From German Commerce Raider to American War Memorial, 1944-1954” in The Journal of America’s Military Past (Winter 2007).
  • Kohnen, David. Commanders Winn and Knowles: Winning the U-boat War with Intelligence, 1939-1943 (Enigma Press, 1999).
  • Kohnen, David. “F-21 and F-211: A Fresh Look into the Secret Room” in Randy C. Bolano and Craig L. Symonds, ed., New Sources in Naval History: Selected Papers from the Fourteenth Naval History Symposium (Naval Institute, 2001).
  • Levine, Alan J. "Was World War II a near-run thing?" in Loyd E Lee, ed. World War II; crucible of the contemporary world (1991)
  • Roskill, S.W., The War at Sea, volumes I-III (2º parte). Londres: HMSO, 1954–61.
  • van der Vat, Dan. The Atlantic Campaign. 1988 ISBN 0-340-37751-8
  • Sebag-Montefiore, Hugh (2004) [2000], Enigma: The Battle for the Code (Cassell Military Paperbacks ed.), London: Weidenfeld & Nicolson, ISBN 978-0297842514
  • Welchman, Gordon (1997) [1982], The Hut Six story: Breaking the Enigma codes, Cleobury Mortimer, England: M&M Baldwin, ISBN 978-0-947712-34-1

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]