Batalla de Kursk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Kursk
Bundesarchiv Bild 101III-Zschaeckel-206-35, Schlacht um Kursk, Panzer VI (Tiger I).jpg
Granadeiros Panzer xunto a un Tiger I da 2.ª SS División Panzer "Das Reich", durante os combates.
Data: 4 de xullo - 23 de agosto de 1943
Lugar: Kursk, URSS
Conflito: Segunda Guerra Mundial
Desenlace: Derrota estratéxica alemá e empate táctico
Combatentes
Alemaña nazi Alemaña Unión Soviética Unión Soviética

A batalla de Kursk foi un enfrontamento bélico da Segunda Guerra Mundial entre tropas alemás e soviéticas que tivo lugar entre o 4 de xullo e o 23 de agosto de 1943. Iniciouse nos arredores de Kursk, e foi o maior enfrontamento de blindados da historia.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Trala deshonrosa derrota en Stalingrado, o III Reich buscaba un revulsivo para retomar a iniciativa na fronte do leste. O Estado Maior Alemán decidiu que as planicies que rodeaban Kursk serían un bo escenario dunha vitoria que necesitaban vender á súa poboación. Por esa época os exércitos do Eixe tiveran as súas primeiras derrotas de relevancia: batalla de El-Alamein, perda de Tobruk, desembarco en Sicilia... Así, os alemáns comezaron a retirar material de guerra de países calmos coma Grecia, Francia, Holanda, e ós veteranos do Áfrika Korps e a concentralos ó redor da cidade de Kursk. Pero os continuos atrasos, os cambios de humor de Hitler e a complicada cuestión loxística atrasaron demasiado tempo o ataque. Ós soviéticos deulles tempo a construír tres barreiras defensivas ó redor da cidade, reunindo en total 50 Divisións, das cales 16 eran blindadas e compostas cos famosos T-34.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Nos cinco primeiros días de batalla, os alemáns perderon dous terzos do seu material. Kursk era impenetrable. O 12 de xullo, as Panzerdivisionen perderon 350 tanques e 10.000 homes, ademais perderon a iniciativa do combate, os rusos saíron dos seus postos defensivos e avanzaron.

Foi a primeira batalla da fronte do leste no que o Exército Vermello tivo claramente a superioridade aérea. Ademais, o impulso moral para a poboación de saber que podían vencer, só pode ser comparado co sucedido trala batalla de Stalingrado.

No día 50 de batalla, os alemáns xa perderan 30 divisións completas (uns 50.000 homes).

Tropas[editar | editar a fonte]

III Reich[editar | editar a fonte]

  • 50 divisións, incluíndo 17 divisións mecanizadas.
  • Entre estas incluíanse as mellor equipadas e adestradas de todo o exército alemán: Gross Deustchland (Grande Alemaña). As Divisións mecanizadas do Arma SS (Waffen SS): Leibstandarte, Totenkpf (Caveira) e Das Reich (O Imperio).
  • Os alemáns concentraron novas armas recentemente saídas da fábrica: tanques Tigre, carros antitanque Elefante (cunha armadura máis ancha que o blindaxe dun destrutor).
  • Numerosas unidades da Luftwaffe e de artillería.

Unión Soviética[editar | editar a fonte]

  • 1.300.000 soldados.
  • 3.600 tanques.
  • 20.000 pezas de artillería, (6.000 canóns antitanque de 76 mm).
  • 2.400 cazas.
  • Estes datos representaban a quinta parte do Exército Vermello, a terceira parte dos tanques, e a cuarta parte da aviación.
  • Despregaron 3.400 minas por quilómetro de fronte.
  • Puxeron a 300.000 civís a cava-las trincheiras para esconder todo o material.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • The Battle of Kursk, David Glantz e Jonathan House