Joseph Goebbels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph Goebbels
Joseph Goebbels
Joseph Goebbels
Nacemento: 29 de outubro de 1897
Rheydt, Mönchengladbach Flag of the German Empire.svg Imperio Alemán
Falecemento: 1 de maio de 1945
Berlín Flag of the NSDAP (1920–1945).svg Alemaña nazi
Nacionalidade: alemán
Ocupación: Ministro de Propaganda
Cónxuxe(s): Magda Goebbels
Sinatura: Joseph Goebbels Signature.svg

Paul Joseph Goebbels, nado en Rheydt, hoxe Mönchengladbach (Imperio Alemán), o 29 de outubro de 1897 e finado en Berlín o 1 de maio de 1945, foi un político, xornalista e escritor alemán, amais dun dos máis importantes xerarcas nazis. Foi Ministro de Propaganda no Terceiro Reich de 1933 a 1945, Gauleiter de Berlín desde 1926 a 1945 e, logo do suicidio de Hitler o 30 de abril de 1945, foi durante algunhas horas Chanceler do Reich. As súas innovadoras, brillantes e prexudiciais técnicas de propaganda foran un dos factores que permitiran ao Partido Nacionalsocialista o ascenso ao poder na Alemaña de 1933.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en filosofía, xornalista e novelista, afíliase ao NSDAP (Partido Nacional Socialista Alemán dos Traballadores) dirixido por Adolf Hitler desde 1922. É un dos achegados ao Führer desde 1926, logo dun período máis separado, especialmente a causa do apoio financeiro por parte dos industriais alemáns a Hitler, o que chocaba con as ideas « anticapitalistas » de Goebbels e da áa esquerda do NSDAP. Mais Hitler chegou a distancialo dos irmáns Gregor e Otto Strasser e da corrente « communista » facéndolle ler capítulos de Mein Kampf consagrados à propaganda. Gauleiter de Berlín desde 1926, é elixido nas eleccións lexislativas de maio de 1928, voltándose así nun doce primeiros deputados do NSDAP que sentan no Reichstag.

« Nós entramos no Reichstag […] como lobos nun curro. », escribe en Angriff, o xornal que fundara en 1927.

Casa con Johanna Maria Magdalena Behrend (máis coñecida como Magda Goebbels) o 19 de decembro de 1931. Grazas ao Terceiro Reich, a propaganda fai de Magda Goebbels o modelo de esposa e de nai de familia da Alemaña nazi. Porén, Goebbels entre 1936 e 1938, fai achego cunha actriz checa, Lida Baarova. Parece que se debeu á insistencia de Hitler que o matrimonio non se separase.

O 11 de marzo de 1933, Hitler nomeao ministro de Información e de Propaganda en vista do seu talento como orador e retórico. O seu rol é moi importante no artellamento da ditadura nazi e na difusión dos lemas de orde. Segundo Goebbels: « o ideal é que a prensa sexa organizada con tal finura que de calquera xeito sexa un piano no que poida tocar o goberno » e « a crítica só está autorizada a aqueles que non teñen medo de ir a un campo de concentración ».

É o seu ministerio o que rexe e censura a prensa escrita, a radio, o cinema, a arte… Grazas ao impulso de Goebbels, os medios modernos de comunicación son desenvolvidos considerablemente : radio, informativos cinematográficos e inclusive televisión (desde 1935).

  • Desde setembro de 1933, unha lei obriga a afiliarse a unha Reichskulturkammer (cámara nacional da cultura) para poder exercer unha profesión artística ou a de redactor xefe dun xornal. Como tal afiliación esta prohibida os « non-arios », estas profesións quedan dese modo reservadas só para arios.

Comeza a emigración de numerosos intelectuais.

Goebbels está constantemente na cabeza da radicalización do réxime contra os xudeus. Antes da guerra, por exemplo, cando da Noite de cristal, da que aparece como o principal instigador.

Non hesita en facer figurar seus propios fillos nun filme de 1939 destinado a xustificar a política de eutanasia con enfermos. Comportamento asombroso, máis sabendo que Goebbels mesmo estaba afectado por unha tara xenética que o facía coxear (librara do servizo militar por ese motivo).

Moi achegado a Hitler, ao que dedicaba unha admiración sen límites, Goebbels xoga un papel determinante en Berlín no fracaso do complote do 20 de xullo de 1944 contra Adolf Hitler.

Convértese inmediatamente despois en « plenipotenciario para a guerra total » en xullo do 1944. Segue ao seu Führer ata os últimos días do Terceiro Reich. O ministerio de Propaganda, ao servizo da « santa cruzada do século XX contra o bolxevismo », mobiliza as tropas alemás e o resto da poboación a medida que a situación militar se deteriora. É directamente responsábel das Volkssturm, tropas de reserva compostas de adolescentes e de anciáns.

Logo do suicidio de Hitler na tarde do 30 de abril, é chanceler durante ese 30 de abril e o 1 de maio. Os seus derradeiros intentos consisten en tencioar contactar cos rusos que están na Zimmerstrasse, non lonxe do Bunker, probando a pór en marcha un teléfono paraà comunicar cos Soviéticos. Busca entón negociar un armisticio, mais non atinxe a comunicarse directamente con as autoridades rusas.

Refugando de xeito categórico unha rendición sen condicións, Goebbels suicídase no serán do 1º de maio de 1945, xunto a súa esposa Magda, logo de matar aos seus fillos con idades entre 4 e 12 anos, envelenándoos con cianuro. Como Hitler, o seu corpo é parcialmente queimado polos axudantes da chancelería.

Algunhas obras[editar | editar a fonte]

  • Das kleine A.B.C. des Nationalsozialisten (1925) (Breve ABC do Nacionalsocialismo)
  • Die zweite Revolution (1926) (A segunda Revolución)
  • Wege ins dritte Reich (1927) (Camiño do Tercer Reich)
  • Vom Kaiserhof zur Reichskanzlei (1934) (Da Corte do Káiser á Chancelería do Reich)
  • Kampf um Berlin (1934) (Loita arredor de Berlín)
  • Signale der neuen Zeit (1934) (Sinais da nova Era)
  • Die Zeit ohne Beispiel (1942) (Época sen modelos)
  • Das eherne Herz (1943) (O corazón de ferro)
  • Der steile Aufstieg (1944) (A áspera ascensión)


Predecesor:
Adolf Hitler
Reichsadler der Deutsches Reich (1933–1945).svg
Reichskanzler do Terceiro Reich

1945
Sucesor:
Lutz Schwerin von Krosigk