Primeiro Ministro do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tony Blair e Dick Cheney no 10 Downing Street, residencia oficial do Primeiro Ministro do Reino Unido.

O Primeiro Ministro do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (Prime Minister of the United Kingdom, en inglés; Prif Weinidogion e Deyrnas Unedig, en galés; Prìomhairean na Breatainne, en gaélico escocés) é o xefe de Goberno do Reino Unido. Encabeza o Goberno da súa Maxestade e do mesmo xeito que outros primeiros ministros da Commonwealth (que seguen a forma constitucional que se chama o sistema Westminster) exercita, xunto cos membros do seu gabinete, o poder executivo do Goberno Británico. O Primeiro Ministro exercita os poderes que pertencen teoricamente a A súa Maxestade a Raíña. O actual primeiro ministro é David Cameron.

O Primeiro Ministro adoita ser o líder do partido político maior na Cámara dos Comúns. Nas eleccións de 2010 o partido máis votado foi o Partido Consevador, este non obtivo a maioría absoluta e goberna nunha coalición co Partido Liberal Demócrata.

Historia[editar | editar a fonte]

O posto que o Primeiro Ministro desenvolvía durante o século XVIII non era un título oficial durante eses anos; estaba asociado co posto oficial de First Lord of the Treasury («Primeiro Lord do Tesouro»). A descrición de "primeiro ministro" empregouse a primeira vez que Robert Walpole foi nomeado "Primeiro Lord do Tesouro" polo Rei Xurxo I en 1721. Ao principio, considerábase o título como un insulto, empregado polos seus inimigos para suxerir que Walpole tiña demasiado poder.[1]

O título de "Primeiro Ministro" mencionouse a primeira vez nun documento oficial no Tratado de Berlín de 1878, do Primeiro Ministro Benjamin Disraeli. O título foi recoñecido oficialmente en 1905. A primeira persoa que foi chamada oficialmente como Primeiro Ministro foi Sir Henry Campbell-Bannerman. A primeira referencia do título nunha lei do Parlamento Británico foi en 1917.

Nomeamento[editar | editar a fonte]

É o monarca o que oficialmente nomea ao Primeiro Ministro, pero está obrigado tradicionalmente a elixir á persoa que obteña o apoio maioritario da Cámara dos Comúns (normalmente o líder do partido cunha maioría de escanos nesa cámara). Se o Primeiro Ministro perde o apoio (pola aprobación dunha moción de censura, por exemplo) a convención obrígalle a dimitir.

O primeiro ministro nomea aos membros do Gabinete e aos outros ministros do goberno.

Poderes e privilexios[editar | editar a fonte]

Non hai moitos poderes legais que pertenzan ao Primeiro Ministro; os seus poderes veñen dos poderes tradicionais do soberano e do control dunha maioría da Cámara dos Comúns. O Primeiro Ministro recomenda ao monarca o nomeamento de moitos oficiais do Estado Británico, incluíndo ministros do Goberno, embaixadores, os xefes das Forzas Armadas, e oficiais da administración pública; convencionalmente, o Rei (ou Raíña) adoita seguir sempre as recomendacións do Primeiro Ministro. Tamén, o Primeiro Ministro organiza o programa lexislativo do Parlamento e o traballo do Gabinete.

Tradicionalmente o Primeiro Ministro vive no 10 Downing Street, unha residencia en Londres que pertencía aos Primeiros Lores do Tesouro. O salario actual do Primeiro Ministro, que tamén pertence ao seu papel de First Lord of the Treasury, é de £127.334 por ano; tamén recibe £60,227 por ano por ser membro do Parlamento[2].

Ocupantes do posto dende 1721[editar | editar a fonte]

Sir Robert Walpole, primeiro Primeiro Ministro do Reino Unido

Primeiros Ministros durante o reinado da Raiña Vitoria (1837–1901)[editar | editar a fonte]

  Imaxe Nome Período de goberno Partido político Outras funcións
durante o goberno
Referencias
Robert Peel.jpg Sir Robert Peel
(2a. vez)
30 de agosto de 1841
29 de xuño de 1846
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[3]
Lord john russell.jpg Lorde John Russell
(1a. vez)
30 de xuño de 1846
21 de febreiro de 1852
Whig Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[4]
14th Earl of Derby.jpg Edward Smith-Stanley, Conde de Derby
(1a. vez)
23 de febreiro de 1852
17 de decembro de 1852
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Lordes
[5]
4th Earl of Aberdeen.jpg George Hamilton-Gordon, 4º Conde de Aberdeen 19 de decembro de 1852
30 de xaneiro de 1855
Peelite/Whig Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Lordes
[6]
Palmerston.jpg Henry John Temple, Visconde Palmerston
(1a. vez)
6 de febreiro de 1855
19 de febreiro de 1858
Whig Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[7]
14th Earl of Derby.jpg Edward Smith-Stanley, Conde de Derby (2a. vez) 20 de febreiro de 1858
11 de xuño de 1859
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Lordes
[8]
Palmerston.jpg Henry John Temple
Visconde Palmerston
(2a. vez)
12 de xuño de 1859
18 de outubro de 1865
Liberal Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[9]
Lord john russell.jpg Lord John Russell
(2a. vez)
29 de outubro de 1865
26 de xuño de 1866
Liberal Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Lordes
[10]
14th Earl of Derby.jpg Edward Smith-Stanley
Conde de Derby
(3a. vez)
28 de xuño de 1866
25 de febreiro de 1868
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Lordes
[11]
Disraeli.jpg Benjamin Disraeli
(1a. vez)
27 de febreiro de 1868
1 de decembro de 1868
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[12]
Gladstone.jpg William Ewart Gladstone
(1a. vez)
3 de decembro de 1868
17 de febreiro de 1874
Liberal Primeiro Lord do Tesouro,
Líder da Cámara dos Comúns
& Chancellor of the Exchequer (1873–74)
[13]
Disraeli.jpg Benjamin Disraeli
Conde de Beaconsfield

(2a. vez)
20 de febreiro de 1874
21 de abril de 1880
Conservador Primeiro Lord do Tesouro,
Líder da Cámara dos Comúns (1874–1876),
Lord Privy Seal (1876–78)
& Líder da Cámara dos Lordes (1876–80)
[14]
Gladstone.jpg William Ewart Gladstone
(2a. vez)
23 de abril de 1880
9 de xuño de 1885
Liberal Primeiro Lord do Tesouro,
Líder da Cámara dos Comúns
& Chancellor of the Exchequer (1880–82)
[15]
3rd Marquess of Salisbury.jpg Robert Gascoyne-Cecil, terceiro marqués de Salisbury
(1a. vez)
23 de xuño de 1885
28 de xaneiro de 1886
Conservador Secretario de Estado de Relacións Externas
& Líder da Cámara dos Lores
[16]
Gladstone.jpg William Ewart Gladstone
(3a. vez)
1 de febreiro de 1886
20 de xullo de 1886
Liberal Primeiro Lord do Tesouro,
Lord Privy Seal
& Líder da Cámara dos Comúns
[17]
3rd Marquess of Salisbury.jpg Robert Gascoyne-Cecil, terceiro marqués de Salisbury (2a. vez) 25 de xullo de 1886
11 de agosto de 1892
Conservador Líder da Cámara dos Lores,
Primeiro Lord do Tesouro (1886–87)
& Secretario de Estado de Relacións Externas (1887–92)
[18]
Gladstone.jpg William Ewart Gladstone
(4a. vez)
15 de agosto de 1892
2 de marzo de 1894
Liberal Primeiro Lord do Tesouro,
Lord Privy Seal
& Líder da Cámara dos Comúns
[19]
RoseberyMillais.gif Archibald Primrose, quinto conde de Rosebery 5 de marzo de 1894
22 de xuño de 1895
Liberal Primeiro Lord do Tesouro,
Lord Presidente do Consello
& Líder da Cámara dos Lores
[20]
3rd Marquess of Salisbury.jpg Robert Gascoyne-Cecil, terceiro marqués de Salisbury(3a. vez) 25 de xuño de 1895
11 de xullo de 1902
Conservador Líder da Cámara dos Lores,
Secretario de Estado de Relacións Externas (1895–1900)
& Lord Privy Seal (1900–02)
[21]

Primeiros Ministros durante o reinado de Eduardo VII (1901–1910)[editar | editar a fonte]

  Imaxe Nome Período de goberno Partido político Outras funcións
durante o goberno
Referéncias
Arthur Balfour, photo portrait facing left.jpg Arthur Balfour 11 de xullo de 1902
5 de decembro de 1905
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[22]
Henry Campbell-Bannerman photo.jpg Sir Henry Campbell-Bannerman 5 de decembro de 1905
7 de abril de 1908
Liberal Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[22]
Herbert Henry Asquith.jpg Herbert Henry Asquith 7 de abril de 1908
7 de decembro de 1916
Liberal Primeiro Lord do Tesouro,
Líder da Cámara dos Comúns
& Secretario de Estado para a Guerra (1914)
[22]

Primeiros Ministros durante os reinados de Xurxo V (1910–1936) e Eduardo VIII (1936)[editar | editar a fonte]

  Imaxe Nome Período de goberno Partido político Outras funcións
durante o goberno
Referéncias
David Lloyd George.jpg David Lloyd George 7 de decembro de 1916
19 de outubro de 1922
Liberal Primeiro Lord do Tesouro [23]
Andrew Bonar Law 02.jpg Andrew Bonar Law 23 de outubro de 1922
20 de maio de 1923
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[24]
Stanley Baldwin ggbain.35233.jpg Stanley Baldwin
(1a. vez)
23 de maio de 1923
16 de xaneiro de 1924
Conservador Primeiro Lord do Tesouro,
Líder da Cámara dos Comúns
& Chancellor of the Exchequer (1923)
[25]
Ramsay MacDonald ggbain.29588.jpg James Ramsay MacDonald
(1a. vez)
22 de xaneiro de 1924
4 de novembro de 1924
Traballista Primeiro Lord do Tesouro,
Líder da Cámara dos Comúns
& Secretario de Estado de Relacións Externas
[26]
Stanley Baldwin ggbain.35233.jpg Stanley Baldwin
(2a. vez)
4 de novembro de 1924
5 de xuño de 1929
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[27]
Ramsay MacDonald ggbain.29588.jpg James Ramsay MacDonald
(2a. vez)
5 de xuño de 1929
24 de agosto de 1931
Traballista Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[28]
Ramsay MacDonald ggbain.29588.jpg James Ramsay MacDonald
(3a. vez)
24 de agosto de 1931
7 de xuño de 1935
Nacional Traballista Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[29]
Stanley Baldwin ggbain.35233.jpg Stanley Baldwin
(3a. vez)
7 de xuño de 1935
28 de maio de 1937
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[30]

Primeiros Ministros durante o reinado de Xurxo VI (1936–1952)[editar | editar a fonte]

  Imaxe Nome Período de goberno Partido político Outras funcións
durante o goberno
Referéncias
Arthur-Neville-Chamberlain.jpg Neville Chamberlain 28 de maio de 1937
10 de maio de 1940
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[22]
Churchill HU 90973.jpg Winston Churchill
(1a. vez)
10 de maio de 1940
23 de maio de 1945
Conservador Primeiro Lord do Tesouro,
Ministro da Defensa
& Líder da Cámara dos Comúns
[31]
Churchill HU 90973.jpg Winston Churchill
(2a. vez)
23 de maio de 1945
26 de xullo de 1945
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Ministro da Defensa
[32]
Attlee BW cropped.jpg Clement Attlee 26 de xullo de 1945
26 de outubro de 1951
Traballista Primeiro Lord do Tesouro
& Ministro da Defensa (1945–46)
[33]
Churchill HU 90973.jpg Sir Winston Churchill
(3a. vez)
26 de outubro de 1951
7 de abril de 1955
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Ministro da Defensa (1951–52)
[34]

Primeiros Ministros durante o reinado de Isabel II (1952–presente)[editar | editar a fonte]

  Imaxe Nome Período de goberno Partido político Foi tamén Referencias
Anthony Eden visiting Canada 1954 cropped.jpg Sir Anthony Eden 7 de abril de 1955
10 de xaneiro de 1957
Conservador Primeiro Lord do Tesouro [35]
The National Archives UK - CO 1069-1-5.jpg Harold Macmillan 10 de xaneiro de 1957
19 de outubro de 1963
Conservador Primeiro Lord do Tesouro [36]
Alec Douglas Home Allan Warren cropped.jpg Sir Alec Douglas-Home 19 de outubro de 1963
16 de outubro de 1964
Conservador Primeiro Lord do Tesouro [37]
Dodwilson.JPG Harold Wilson
(1a. vez)
16 de outubro de 1964
19 de xuño de 1970
Traballista Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service (1968-70)
[38]
Heathdod.JPG Edward Heath 19 de xuño de 1970
4 de marzo de 1974
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[39]
Dodwilson.JPG Harold Wilson
(2a. vez)
4 de marzo de 1974
5 de abril de 1976
Traballista Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[40]
James Callaghan.JPG James Callaghan 5 de abril de 1976
4 de maio de 1979
Traballista Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[41][42]
Margaret Thatcher cropped2.png Margaret Thatcher 4 de maio de 1979
28 de novembro de 1990
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[43][44]
John Major 1996.jpg John Major 28 de novembro de 1990
2 de maio de 1997
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[45][46]
TonyBlairBasra.JPG Tony Blair 2 de maio de 1997
27 de xuño de 2007
Traballista Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[47][48]
Gordon Brown Davos Jan 08.jpg Gordon Brown 27 de xuño de 2007
11 de maio de 2010
Traballista Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[49]
David Cameron - World Economic Forum Annual Meeting Davos 2010.jpg David Cameron 11 de maio de 2010
presente
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[50]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.number-10.gov.uk/output/Page174.asp Biografía de Sir Robert Walpole Web oficial de 10 Downing Street (en inglés)
  2. .[http://www.parliament.uk/commons/lib/research/rp2006/rp06-047.pdf Salarios parlamentarios Web oficial do Parlamento Británico (en inglés)
  3. Longford (1998), pp. 156–157
  4. Longford (1998), p. 187
  5. Longford (1998), pp. 228–231
  6. Longford (1998), p. 232
  7. Longford (1998), p. 246
  8. Longford (1998), p. 281
  9. Longford (1998), p. 282
  10. Longford (1998), p. 346
  11. Longford (1998), p. 351
  12. Longford (1998), p. 353
  13. Longford (1998), p. 357
  14. Longford (1998), p. 396
  15. Longford (1998), p. 433
  16. The Political History of England William Hunt, Reginald Lane Poole Ed. Longmans, Green and co. 1907 pag. 505
  17. Longford (1998), p. 484
  18. Longford (1998), pp. 492–493
  19. Longford (1998), pp. 518–519
  20. Longford (1998), pp. 527–528
  21. Longford (1998), pp. 533–534
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 Prime Ministers through History - Daily Telegraph
  23. Rose (1983), pp. 196–198
  24. Rose (1983), p. 265]]
  25. Rose (1983), p. 272
  26. Rose (1983), p. 326
  27. Rose (1983), p. 337
  28. Rose (1983), p. 361]]
  29. Rose (1983), pp. 373–374
  30. Rose (1983), p. 398
  31. Hennessy (2001), p. 179
  32. Hennessy (2001), p. 158
  33. Hennessy (2001), p. 147
  34. Hennessy (2001), p. 178
  35. Hennessy (2001), p. 207
  36. Hennessy (2001), p. 248
  37. Hennessy (2001), p. 272
  38. Hennessy (2001), p. 286
  39. Hennessy (2001), p. 331
  40. Hennessy (2001), p. 357
  41. Hennessy (2001), p. 376
  42. Lord Callaghan of Cardiff 28 de marzo de 2005, The Times
  43. Hennessy (2001), p. 397
  44. Crowd's long cold wait for lady of the hour Aileen Ballantyne, 5 de maio de 1979, The Guardian
  45. Hennessy (2001), p. 437
  46. John Major? Who's he? asks Thatcher, 6 de agosto de 1995, The Independent
  47. Hennessy (2001), p. 476
  48. The Blair Years: 1997-2007, 28 de xuño de 2007 Telegraph Media Group
  49. Brown declared prime minister Deborah Summers & Hélène Mulholland, 27 de xuño de 2007, Guardian News & Media
  50. http://www.number10.gov.uk/meet-the-pm/biography

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Os catro primeiros ministros do Reino Unido no período 1880-1905 (Gladstone, Salisbury, Rosebery e Balfour) estudaron en Eton e no colexio de Oxford Christ Church. En total, dezanove primeiros ministros (38%) foron a Eton e once (22%) a Christ Church.