Hermann Göring

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHermann Göring

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Hermann Wilhelm Göring Editar o valor em Wikidata
12 de xaneiro de 1893 Editar o valor em Wikidata
Rosenheim Editar o valor em Wikidata
Morte15 de outubro de 1946 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Nuremberg Court Prison (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Intoxicación por cianuro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaWenzbach (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Vice-Chanceler da Alemanha (pt) Traducir
10 de febreiro de 1941 – 23 de abril de 1945
← Franz von PapenFranz Blücher →
Reichsstatthalter (pt) Traducir
25 de abril de 1933 – 23 de abril de 1945 – Supresión do cargo →
Primeiro-ministro da Prússia (pt) Traducir
10 de abril de 1933 – 23 de abril de 1945
← Franz von PapenSupresión do cargo →
Membro do Reichstag da Alemaña nazi
Parlamentario da República de Weimar
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaReichstagspräsidentenpalais (en) Traducir (1932–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña nazi
Imperio Alemán Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic (1922–1923)
Royal Prussian Main Cadet Institute (en) Traducir (1909–1914)
Royal Prussian Cadet House Karlsruhe (en) Traducir (1905–1909) Editar o valor em Wikidata
Altura1,78 m Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo loiro escuro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , aviador , Criminal de guerra Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1912 Editar o valor em Wikidata - 1945 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGestapo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (1928–1945)
Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (1922–1923) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeAlemaña nazi Editar o valor em Wikidata
Rama militarLuftwaffe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarReichsmarschall (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Luftwaffe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial e segunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Participou en
14 de novembro de 1945International Military Tribunal (en) Traducir
1933Pilhagem nazista (pt) Traducir
9 de novembro de 1923Putsch de Múnic
Xenocidio
crime de guerra Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeEmmy Sonnemann (1935–1946)
Carin von Kantzow (1923–1931) Editar o valor em Wikidata
FillosEdda Göring (pt) Traducir
 () Emmy Sonnemann Editar o valor em Wikidata
PaisHeinrich Ernst Göring (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Franziska Tiefenbrunn (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlbert Göring (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado porcrime de conspiração (pt) Traducir
Crime de lesa humanidade (1946)
crime de guerra (1946)
crime contra a paz (pt) Traducir (1946) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0351425 Allocine: 37928
Musicbrainz: 99678931-d43b-4317-a58a-641e06d048f3 WikiTree: Göring-34 Find a Grave: 6095 Editar o valor em Wikidata
Göring.

Hermann Wilhelm Göring, nado en Rosenheim o 12 de xaneiro de 1893 e finado en Núremberg o 15 de outubro de 1946, foi un político e militar alemán, membro prominente do Partido Nazi, lugartenente de Hitler e comandante supremo da Luftwaffe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Göring naceu no sanatorio Marienbad (Rosenheim, Baviera), e foi o cuarto fillo do matrimonio entre Heinrich Ernst Göring e Franziska "Fanny" Tiefenbrunn. Göring tivo dous irmáns e dúas irmás: Albert e Karl Ernst Göring, e Olga Therese Sophia e Paula Elisabeth Rosa Göring.

A familia Göring era aristocrática e tiña devanceiros tanto católicos como protestantes. O seu pai, soldado profesional en tempos de Otto von Bismarck, converteuse no primeiro gobernador da África Suroccidental Alemá.

Viviu a súa infancia lonxe da súa familia, xa que ao xubilarse o seu pai foron vivir preto de Berlín, aínda que a maior parte do tempo viviu en Veldestein, nas proximidades de Núremberg, nun castelo medieval pertencente ao seu padriño, o doutor Hermann Espenstein, un médico xudeu amante da súa nai.

Os seus resultados na escola, nun colexio privado, foron mediocres, pero todo cambiou en cando foi enviado á escola de cadetes de Karlsruhe, e máis tarde, en 1910, á famosa Gross Lichterfelde preto de Berlín. Adoraba a vida de aspirante a oficial prusiano e levaba con orgullo o uniforme.

Primeira guerra mundial[editar | editar a fonte]

Goring, na primeira fila no extremo esquerdo, durante o seu xuízo en Núremberg.

Na primeira guerra mundial loitou como piloto de cazas, chegando a estar ao mando do famoso Escuadrón Richthofen (do Barón Vermello, Manfred von Richthofen), conseguindo un gran recoñecemento.

A mediados de 1915 Göring comezou o seu adestramento como piloto en Friburgo, e despois foi destinado a unha escuadrilla de cazas. Pronto foi derrubado e pasou a maior parte de 1916 recuperándose das feridas. Ao regresar en novembro de 1916 volveu á mesma unidade, e en 1917 foi condecorado coa Pour le Mérite. Tras unha longa batalla aérea, Göring derrubou en xuño de 1917 a un piloto novato australiano chamado Frank Slee. A batalla está documentada dun xeito moi rimbombante en "Ascenso e caída de Hermann Göring". Göring aterrou e atopouse co australiano, ao que regalou a súa Cruz de Ferro. Anos máis tarde, Slee regalou a Cruz de Ferro de Göring a un amigo seu, que morreu nas praias de Normandía o Día D.

O 7 de xullo de 1918, tras a morte de Wilhelm Reinhardt en accidente aéreo, foi nomeado comandante do Jagdgeschwader Freiherr von Richthofen. Rematou a guerra con 22 derrubamentos confirmados.

Tras a guerra, Göring continuou voando, traballando brevemente na Fokker. Fixo exhibicións aéreas e en 1920 uniuse á Svenska Lufttrafik. Tamén figurou entre os oficiais da Reichswehr, o exército alemán tras a primeira guerra mundial, e para 1933 ascendera ata ser Generalmajor. En 1935 foi nomeado tenente xeneral e, aquel mesmo ano, xeneral da recentemente fundada Luftwaffe (forza aérea alemá).

En Estocolmo coñeceu a Carin von Kantzow, unha muller sueca casada cun aristócrata do que se divorciou para casar con Hermann Göring. O matrimonio non durou moito xa que ela morreu por un problema cardíaco. Pouco despois casou coa actriz alemá Emmy Sonnemann.

Inicios no nazismo[editar | editar a fonte]

En 1922 uniuse ao Partido Nazi, tomando inicialmente o liderado das SA coma Oberste SA-Führer. Durante o Putsch de Múnic foi gravemente ferido por unha bala que lle atravesou a pelve. Axudados por unha familia de xudeus, el e a súa esposa Karin fuxiron cara a Austria, onde os médicos lle administraron fortes doses de morfina, a cal rematou por ser unha adición da que Göring dependería ata 1945. Dita adición determinou gran parte das súas decisións, dándolle en moitas ocasións unha perspectiva surrealista de pensamento e tomando asuntos de importancia vital á lixeira. Ao regresar a Alemaña en 1928, foille moi difícil ser aceptado novamente entre os membros do Partido e non conseguiu recuperar o mando das SA, que fora asignado a Ernst Röhm, o seu maior inimigo dentro do nazismo, pero foi nomeado SA-Gruppenführer (tenente xeneral), rango que mantivo ata 1945.

Participou de forma activa na Noite dos coitelos longos, especialmente na caída de Ernst Röhm. Foi ascendendo dentro do partido ata que, xa en plena segunda guerra mundial, converteuse en Primeiro Ministro de Prusia e Ministro da Luftwaffe. Á fronte desta e nos primeiros anos da guerra conseguiu grandes logros, consolidando á Luftwaffe coma un dos elementos fundamentais da Blitzkrieg, utilizada como táctica polos nazis e que resultou fundamental nas vitorias iniciais de Alemaña.

Hitler asinou un decreto segredo no que nomeaba a Göring o seu sucesor en caso de morte. Foi un dos primeiros dunha serie de sucesores que pensou Hitler.

Segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]

Despois da morte de Paul von Hindenburg, presidente de Alemaña, e do ascenso de Hitler coma ditador da nación, Göring foi ascendido a Xeneral e Ministro do Aire da Luftwaffe. Despois aspirou a ser Ministro de Defensa, cargo ocupado polo mariscal de campo Werner von Blomberg, e para iso valeuse de Reinhard Heydrich, Xefe das SD para conseguir información comprometedora sobre a muller de Blomberg, Emma, quen tiña un escuro pasado coma prostituta.

Ante a posibilidade dun escándalo, Blomberg dimitiu, pero a carteira de ministro, no canto de obtela Göring, foi asumida polo propio Hitler, aínda que ao incondicional Göring déuselle como consolación o rango de Mariscal de Campo. En 1941 foi ascendido a Reichmarschall (Mariscal do Reich) así como sucesor do Führer, converténdose na segunda persoa máis importante do réxime nacional-socialista alemán despois de Hitler; no documento que certifica este feito asegúrase que en caso de que Hitler morrese ou non se atopase en condicións para exercer coma Reichsführer, o Reichsmarschall asumiría o poder. Máis adiante Göring tentaría facer efectivo este decreto.

Unha das facultades e afeccións máis pintorescas do ministro nazi era a de deseñar uniformes para as diferentes ramas militares, de feito, cando Hitler lle fixo o encargo de crear unha nova e poderosa Luftwaffe, encargouse persoalmente dos uniformes da mesma, deseñándose para si mesmo un fastuoso uniforme de Ministro do Aire, o cal só foi substituído polo uniforme de "Mariscal do Reich" (para este último cargo Göring deseñou incluso un estandarte militar propio, o "Liebestandarte Hermann Göring").

Vivía como un pequeno César nunha vila nas aforas de Berlín chamada Karenhall (na honra da súa primeira esposa), na que se adicaba á caza no seu coto privado.

Estivo indirectamente vinculado ao programa de "reinstalación" xudía. Asinou un decreto que multaba nun billón de marcos alemáns a todos os xudeus e ademais impediu que as compañías aseguradoras pagaran indemnizacións aos afectados pola noite dos cristais rotos.

Chegou a pronunciar unha famosa frase bruscamente na cara de Heinrich Himmler, a propósito de salvar a unha coñecida condenada aos campos de concentración:

-"¡Eu decido quen é xudeu e quen non!"-

A coñecida era Melitta Gräfin Schenk von Stauffenberg, a famosa aviadora e piloto de probas de Stukas asimilada pola Luftwaffe, quen polas súas contribucións neste campo foi catalogada como esencial.

Foi o encargado de coordinar a economía alemá en tempos de guerra, para o que elaborou un Plan Cuadrienal. Respecto a isto, procurou, xunto Martin Bormann e Heinrich Himmler, provocar a caída do ministro de armamento Albert Speer, principalmente pola súa relevancia ante Hitler, aínda que sen éxito.

A xestión de Göring como director das operacións aéreas foi moitas veces inoperante, pois prometía moitos resultados que non estaba en condicións de cumprir por parte da Luftwaffe, o que o desacreditou. Hitler non tivo a valentía de relevalo das súas funcións en honra aos seus servizos anteriores e a fama que gozaba no pobo alemán.

Desprestixio e caída[editar | editar a fonte]

Tras o fracaso da Luftwaffe na Batalla de Inglaterra e coñecida a súa adición á morfina, o Mariscal comezou a xerar moitas dúbidas en canto á súa eficacia. De feito foi Joseph Goebbels quen cuestionou publicamente a idoneidade de Göring. Foi obxecto de chistes e burlas nas tertulias alemás pola súa inoperancia e a súa obesidade. Non obstante, Hitler non o destituíu por un tema de imaxe popular. Lenta e inexorablemmente a figura de Göring caeu no descrédito.

Posteriormente, cando prometeu abastecer ao VI Exército durante a batalla de Stalingrado con 500 toneladas diarias para soster aos 250.000 efectivos e non puido cumprilo, Hitler deixou de consideralo e comezou a referirse a el de forma desdeñosa.

De feito, Göring pasou a ser unha simple figura irrelevante ao final da guerra, cousa que lle importou pouco ao ser un dos primeiros en recoñecer que a guerra de Hitler estaba perdida.

Mentres os seus pilotos batíanse a morte nos ceos, Göring dedicouse a vivir suntuosamente a costa do erario nacional. Göring usaba a Martin Bormann como interlocutor ante Hitler e á súa vez este o mantiña informado de todo o que acontecía no seu contorno.

Fin da guerra[editar | editar a fonte]

A medida que os soviéticos aproximábanse a Berlín, os esforzos de Hitler de organizar a defensa da cidade facíanse máis inútiles e sen sentido. O seu derradeiro aniversario, celebrado no Führerbunker de Berlín 20 de abril de 1945, foi a ocasión de despedirse de moitos dos principais nazis, incluído Göring. Nese tempo Carinhall (a súa residencia preto de Berlín) fora evacuada, o edificio destruído, e os seus tesouros artísticos levados a Berchtesgaden e outros lugares. Göring chegou á súa mansión en Obersalzberg o 22 de abril, o mesmo día no que Hitler, nunha longa diatriba contra os seus xenerais, admitiu por vez primeira que a guerra estaba perdida e que tiña intención de suicidarse. Göring estaba moi preocupado con que o seu rival, Martin Bormann, puidese facerse co poder tras a morte de Hitler e o matase por traidor. Revisou o decreto o 29 de xuño de 1941 polo cal fora nomeado o sucesor de Hitler, e decidiu enviar unha mensaxe a Berlín pedindo permiso para asumir o mando do Reich. O telegrama foi interceptado por Bormann, que convenceu a Hitler de que Göring era un traidor. Hitler anulou o decreto, despoxou a Göring dos seus cargos e títulos, e púxoo baixo arresto domiciliario en Obersalzberg. Bormann anunciou na radio que Göring dimitira por motivos de saúde.

O 26 de abril o complexo de Obersalzberg foi atacado polos Aliados, polo que Göring foi trasladado ao seu castelo en Mauterndorf. No seu derradeiro testamento, Hitler despoxou a Göring da súa afiliación ao partido e nomeou a Karl Dönitz como presidente do Reich e líder das forzas armadas. Hitler e Eva Braun suicidáronse o 30 de abril de 1945. Göring foi liberado o 5 de maio por unha unidade da Luftwaffe, e dirixiuse cara ás liñas estadounidenses coa esperanza de renderse a eles antes que aos rusos. Foi detido preto de Radstadt o 6 de maio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]