Lexión Cóndor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Lexión Cóndor foi un grupo de voluntarios da forza aérea da Alemaña nazi, a Luftwaffe, enviado para apoiar ás forzas nacionais durante a Guerra Civil española, o longo da súa tarefa contou con tres comandantes: Hugo Sperrle, Helmuth Volkmann e Wolfram von Richthofen.

Tumba de soldados da lexión Cóndor no cemiterio da Almudena (Madrid).
Cartel sobre o bombardeo de Guernica 1937.

A axuda consistiu tanto en apoio loxístico, transporte de tropas, subministracións, etc., como en apoio en accións de ataque con avións de caza e bombardeiros (como o famoso bombardeo de Guernica), carros de combate e artillería; nos seus tres anos de vida pasaron pola Lexión Condor 18.000 homes, aínda que nunca se superaron os 5.600 nun mesmo período de tempo.

A intervención alemá na Guerra Civil permitiu mellorar a calidade dos seus aparellos e reparar os defectos da súa arma aérea, preparándoa para a ofensiva mundial que Hitler estaba planeando, asi se explica a gran cantidade de reemplazos, para que puidesen conseguir experiencia de combate o maior numero de efectivos posibles.

O numero de baixas da Lexión Condor foi de 299[1] persoas.

Índice

Contexto [editar]

Tralo fracaso do Alzamento Nacional do 18 de xullo de 1936 en numerosos lugares de España, o bando rebelde, viuse obrigado a controlar militarmente as zonas non afíns o seu movemento.

Condecoracións [editar]

  • Panzertruppenabzeichen der Legion Condor
A Panzertruppenabzeichen, insignia de carrista da Lexión Cóndor.

Tomando como referencia a insignia dos carristas alemáns da Primeira Guerra Mundial, creouse en setembro do 36 unha insignia con carácter extraoficial. Dita insignia consistía nunha caveira e un carro de combate, rodeados por unha coroa de loureiro, en prata. Como requisito estipulouse a permanencia de máis de 3 meses na unidade de carros da Lexión, e non ter ningún arresto nin sanción. Concedéronse 415 insignias, e existiu unha en ouro, a do comandante carrista, Von Thoma recibida durante o desfile da Vitoria en Madrid. O 10 de xullo de 1939 foi recoñecida oficialmente polo Comandante en xefe do Heer.

  • Spanienkreuz ou Cruz de España

Instituíuse o 14 de abril de 1939, habendo dous modelos, con espadas para combatentes e sen elas para persoal non combatente. Consistía nunha Cruz de Malta e no centro desta a esvástica, estando entre cada extremo da cruz, o emblema da Luftwaffe. Non só foi entregada a membros da Lexión Cóndor, senón as tripulacións de buques alemáns que participaron en accións de combate na Guerra civil.

Concedéronse en total unhas 26.116.

  • Cruz de Honor para os familiares dos combatentes caídos en España

Instituída o 14 de abril de 1939, para distinguir ós familiares dos alemáns caídos na contenda española. Nunha soa categoría e unicamente unha por familia, parecíase moito á Spanienkreuz, pero esta levábase cunha cinta e era máis reducida. Concedéronse 315, aínda que as baixas oficiais foron 299 a diferencia pódese explicar polas persoas que morreron por mor das feridas ou enfermidades contraídas durante a guerra.

  • Distintivo de ferido

Instituíuse o 22 de maio de 1939 co nome oficial de: "Insignia de Ferido para os Voluntarios Alemáns na Guerra de Liberación Española". Baseábase na insignia de ferido da Primeira Guerra Mundial, un casco e dúas espadas entrecruzadas rodeados dunha coroa de loureiro, coa excepción de que levaba a esvástica sobre o casco. Había varias categorías en función do número de veces ferido:

  • Ouro: cinco veces.
  • Prata: dúas veces.
  • Negro: unha vez.

Datos de interese [editar]

Messerschmitt Bf 109C empregado pola Lexión Cóndor

Avións empregados




Oración polos caidos da Lexión Condor:

Todos os caidos, señor, en terra e mar caeron nas túas mans.

Todos , os que loitan no extenso mundo están baixo a túa clemencia.

Todos, os que xemen en noite escura están baixo o patrocinio da túa bondade.

Dános, Señor, ollos que vexan que a nosa guía son as túas mans.

Danos, Señor, corazón que máis cedo ou mais tarde, por Túa Divina Gracia, nos leve a Fe.

Danos a Vida a través do teu Fillo, a nos e a os mortos ante Teu trono


Hitler dixo cara o final da Guerra Civil:

"Agora que a guerra remata, xa non lles queda nada por aprender aos nosos soldados"

Véxase tamén [editar]

Notas [editar]

  1. Raúl Arias Ramos, La Legión Cóndor.Imágenes inéditas para su historia, Editorial Agualarga, Madrid, 2002.