Calendario persa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano. O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Nome dos meses[editar | editar a fonte]

Abaixo está a relación dos doce meses do calendario persa:

Período Nome Nome en persa Días Significado
21 de marzo - 20 de abril Farvardin فروردین 31 Gloria da consciencia relixiosa
21 de abril - 21 de maio Ordibehesht اردیبهشت 31 Virtude suprema
22 de maio - 21 de xuño Khordad خرداد 31 Saúde, plenitude
22 de xuño - 22 de xullo Tir تیر 31 Vivo
23 de xullo - 22 de agosto Mordad مرداد 31 (I)mortalidade*
23 de agosto - 22 de setembro Shahrivar شهریور 31 Territorio vivo
23 de setembro - 22 de outubro Mehr مهر 30 Honestidade, amor
23 de outubro - 21 de novembro Aban آبان 30 Auga
22 de novembro - 21 de decembro Azar آذر 30 Lume
22 de decembro - 20 de xaneiro Dej دی 30 Creador (Deus)
21 de xaneiro - 19 de febreiro Bahman بهمن 30 Boa intención
20 de febreiro - 20 de marzo Esfand اسفند 29 ou 30 Santa devoción

* A forma antiga era Amordad, que, realmente, significa inmortalidade. A forma actual é antónimo de inmortalidade.

Días da semana[editar | editar a fonte]

Nese calendario, a semana posúe sete días, comezando no sábado e rematando o venres. Os nomes dos días da semana do calendario son:

  • Shanbeh (شنبه en Persa) equivalente ó sábado.
  • Yekshanbeh (یکشنبه en Persa) equivalente ó domingo.
  • Doshanbeh (دوشنبه en Persa) equivalente ó luns.
  • Seshanbeh (سه شنبه en Persa) equivalente ó martes.
  • Chaharshanbeh (چهارشنبه en Persa) equivalente ó mércores.
  • Panjshanbeh (پنجشنبه en Persa) equivalente ó xoves.
  • Jom'eh (جمعه en Persa, orixinalmente Árabe) ou Adineh (آدینه en Persa) equivalente ó venres.