George Lucas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Lucas na gala do 2006 do Time 100.

George Walton Lucas, Jr., nado o 14 de maio de 1944 en Modesto (California), é o creador do exitoso fenómeno fílmico de "Star Wars" e posteriormente de Indiana Jones, presidente de Lucasfilm Ltd., LucasArts, e Lucas Digital Ltd, Lucas Licensing, LucasBooks e Lucas Learning Ltd.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lucas dirixiu a súa primeira obra cinematográfica THX 1138, en 1970. O filme foi producido por American Zoetrope e contou con Francis Ford Coppola como produtor executivo. O filme estaba baseado nunha curtametraxe do propio Lucas gañador de numerosos premios a nivel estatal. En 1971 Lucas forma a súa propia compañía, Lucasfilm Ltd, en San Rafael, California.

En 1973 Lucas dirixiu American Graffiti, un filme sobre autos e xoves. O filme gañou o Globo de Ouro, o New York Film Critics e o premio da National Society of Film Critics. Obtivo tamén 5 nomeamentos aos Oscars.

Catro anos despois, Lucas escribiu e dirixiu "A Guerra das Galaxias" (posteriormente rebautizada como Star Wars Episode IV: A New Hope), un filme que bateu tódolos récords de venda de entradas e gañou sete Oscars da academia. Lucas iniciou a historia de Star Wars Episode V: The Empire Strikes Back (Episodio V) e Star Wars Episode VI: Return of the Jedi (Episodio VI), das cales tamén foi produtor executivo. En 1980 escribiu e produciu Raiders of the Lost Ark, dirixida por Steven Spielberg, obtendo 5 premios da academia. Tamén foi co-produto e creador da historia de Indiana Jones e o templo maldito, estreada en 1984, nomeada a 2 premios da Academia e obtendo un Oscar por efectos especiais.

O ultimo proxecto de Lucasfilm foi rematar a nova triloxía de "A Guerra das Galaxias". Star Wars: Episode I - The Phantom Menace, da nova triloxía, foi escrita, dirixida e producida por George Lucas e saíu ao público o 19 de maio de 1999. En maio de 2002 estreouse a segunda parte, Star Wars: Episode II - Attack of the Clones, tamén dirixida e producida por el. O capítulo final da nova triloxía, Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith, que abre as portas á triloxía clásica, estreouse o 19 de maio de 2005, quedando a saga finalizada.

Filmografía[editar | editar a fonte]

George Lucas en persoa apareceu na súa última película, Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith, interpretando un personaxe extra chamado Baron Papanoida.