Edel Quinn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdel Quinn

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1907 Editar o valor em Wikidata
Kanturk, Irlanda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1944 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Nairobi Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmisioneira Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento

Edel Mary Quinn, nada o 14 de setembro de 1907 e finada o 12 de maio de 1944) foi unha misioneira laica irlandesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Kanturk, no Condado de Cork, Edel Quinn sentiu a chamada á vida relixiosa cando era nova. Coñeceu a Lexión de María a través dunha amiga e aos 20 anos uniuse a ela en Dublín, e traballou axudando aos pobres dos suburbios de Dublín. En 1936, cando tiña 29 anos e estaba enferma de tuberculose, Quinn converteuse en Enviada da Lexión de María, misioneira a África oriental e central. Malia a súa doenza, en sete anos e medio estableceu centos de ramas da Lexión en Tanzania, Kenya, Uganda, Malaui e Mauricio. Morreu en Nairobi e está enterrada alí no cemiterio dos misioneiros.

A súa causa de beatificación foi introducida en 1956. Foi declarada venerable polo papa Xoán Paulo II o 15 de decembro de 1994.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]