Élisabeth Badinter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Élisabeth Badinter, nada o 5 de marzo de 1944 en Boulogne-Billancourt, Hauts-de-Seine, é unha escritora e pensadora francesa[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É catedrática na Escola Politécnica de París e membro do comité científico da Biblioteca Nacional de Francia[2], expoñente do pensamento feminista. Ten reflexionado sobre a identidade de xénero e a maternidade defendendo o feminismo como opción intelectual a prol da emancipación da muller como ser independente. Na súa faceta como historiadora salienta como especialista na Ilustración.

Obras[editar | editar a fonte]

  • XY de l´identidé masculine
  • Fausse Route
  • Le conflit, la femme, la mere

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Badinter, Elisabeth". Current Biography Yearbook 2011. Ipswich, MA: H.W. Wilson. 2011. pp. 33-36. ISBN 9780824211219. 
  2. Davies, Lizzy (12 de febreiro de 2010). "French philosopher says feminism under threat from 'good motherhood'". The Guardian (London). http://www.guardian.co.uk/world/2010/feb/12/france-feminism-elisabeth-badinter.