Nicholas Guild

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Nicholas Guild, nado en San Mateo, California, en 1944, é un escritor norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou filoloxía inglesa e filosofía na Universidade de Berkeley. Foi profesor de inglés na Universidade de Clemson e na Universidade Estatal de Ohio e dedicouse á crítica literaria. En 1978 saíu publicada a súa primeira novela, The Lost and Found Man. Entre as súas outras novelas están The Summer Soldier (1978), Chain Reaction (1984), The Berlin warning (1984), The Assyrian, The Blood Star e Angel (1995)