Braulio Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodríguez en 2007.

Braulio Rodríguez Plaza, nado en Aldea del Fresno (Madrid) o 27 de xaneiro de 1944, é un relixioso católico español. En 2011 era o arcebispo de Toledo e Primado de España.

Traxectoria [editar]

Estudou humanística, teoloxía e filosofía nos seminarios de Madrid, onde obtivo en 1973 a licenciatura en Teoloxía Bíblica pola Universidade Pontificia Comillas. Tras dous anos de estudo (1979-81) na Escola Bíblica de Xerusalén, diplomouse en Sacra Escritura, e xa en 1990 alcanzou o grao de doutor en Teoloxía Bíblica pola Facultade de Teoloxía do Norte de España, con sede en Burgos, coa tese doutoral El proceso de Jesús ante el Sanedrín y la catequesis cristiana primitiva.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]