Led Zeppelin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Led Zeppelin logo.png
LedZeppelinmontage.jpg
Cara á dereita, e de arriba abaixo:Page, Bonham, Plant, Jones
Orixe Londres, Inglaterra Inglaterra
Período 1968-1980
Xénero(s) Rock, Hard Rock
Selo(s) discográfico(s) Atlantic Records
Swan Song
Membros Jimmy Page
John Paul Jones
Robert Plant
John Bonham
Web oficial Led Zeppelin

Led Zeppelin foi un grupo de rock inglés fundado en 1968 polo guitarrista Jimmy Page trala disolución do seu anterior grupo, The Yardbirds. Coa colaboración do baixista John Paul Jones, ó que xa coñecía de antigos traballos, a inclusión de Robert Plant como vocalista e John Bonham como batería, quedaría conformada unha das bandas máis importantes da historia do rock, fundadores do Hard rock e mesmo do heavy metal. Tamén en toda a súa discografía se inclúen influencias de blues, reggae, soul, funk, jazz, música celta, folk e country.

Máis de 25 anos despois da súa disolución en 1980, os seus discos aínda se seguen vendendo e continúan a ser un grupo de grande influencia na música actual. Teñen vendido ó redor de 109 millóns de discos en EEUU[1] e calcúlase que uns 300 millóns en todo o mundo[2].

Historia[editar | editar a fonte]

Os comezos[editar | editar a fonte]

O xerme da creación de Led Zeppelin xorde noutra banda de rock británica, The Yardbirds. No ano 66, trala marcha de Eric Clapton, entrou no grupo Jimmy Page para substituilo. Nun comezo entrou como baixista, pero rapidamente pasou a ser guitarrista principal xunto a Jeff Beck, cambiándolle o posto a Chris Dreja. Trala marcha de Beck, o grupo finalmente disolveuse, pero na mente de Page aparecera a idea da formación dun supergrupo ao estilo dos Yardbirds.

Xunto con Dreja tratou de crear The New Yardbirds a comezos do verán do 68. Pero finalmente Dreja decidiu abandonar a música, polo que Page, que pretendía seguir co seu proxecto, pensou en John Paul Jones, baixista e teclista experimentado a quen xa coñecía doutros traballos anteriores. Unido ao proxecto, a idea era contar cun batería e un vocalista. Para vocalistas tiñan varios candidatos pero todos rexeitaron a proposta, recomendándolles un cantante de blues coñecido polas súas actuacións en Birmingan, Robert Plant. Este aceptou e recomendou para a batería a John Bonham, amigo de Plant. Así quedaría conformada a banda.

A súa primeira actuación, ainda como New Yardbirds en Copenhaguen, por obrigacións contractuais, foi todo un fracaso. Foi debido a esta actuación que Keith Moon, nunha sesión de gravación con Page, describiu o grupo como un "ir montados nun globo de chumbo" (lead Zeppelin), do que derivaría o nome final da banda.

Despois de actuacións en clubes e algunha xira, gravaron con Atlantic Records o seu primeiro álbum, Led Zeppelin. Producido en treita días, saíu ao mercado o 12 de xaneiro do 69). Nun principio, en Inglaterra non tivo moita acollida debido a que non editaran ningún single para promocionar o disco, cousa que non farán en toda a súa traxectoria como grupo. Pero trala primeira xira norteamericana resultou ser un éxito de crítica e público, alcanzando finalmente o posto número 6 nas listas Británicas e o número 10 en Estados Unidos. A famosa portada do disco, o zeppelin Hindenburg caendo en chamas, fixo que nunha actuación en Copenhaguen, por unha demanda de Eva von Zeppelin, tiveran que actuar como “The Nobs”, xa que a neta do inventor dos dirixibles negábase a que o grupo levase o nome da súa familia.

O segundo disco do grupo foi a súa consagración. Led Zeppelin II, publicouse o 22 de outubro de 1969, chegando ó número 1 das listas británica e americana. O álbum é puro hard rock, con temas potentísimos, que inspirarían a moitos grupos a seguir o camiño marcado por Led Zeppelin. Nesta época o grupo deixou de actuar en clubes e comezou a tocar en grandes auditorios e salas. Os concertos convertíronnse en espectáculos de varias horas con improvisación cos temas da banda e doutros músicos de blues e soul. Son xa míticos os solos de Bonham ou do baixo de Jones.

Coa publicación de terceiro álbum, Led Zeppelin III (5 de outubro de 1970), o grupo dei un xiro completo o seu estilo. Nesta nova publicación hai unha grande influencia do folk e da música celta, e os temas son máis intimistas e acústicos. Aínda así volveron acadar o número 1 en Inglaterra e Estados Unidos, pero recibiron críticas por ese cambio dun rock duro ata unha música de tanta influencia folk. Pese a todo, neste ano o grupo xa era un dos maiores do mundo, chegando a adquirir un avión propio para os seus desprazamentos, chamado The Starship, reservando seccións enteiras de hoteis e protagonizando situación controvertidas que aínda lle daban máis fama.

A consolidación[editar | editar a fonte]

Os catro símbolos de Zoso

O 8 de novembro de 1971 saíu á venda o seu cuarto álbum. Este apareceu sen título nin o nome do grupo, soamente con catro símbolos, como resposta ás críticas vertidas sobre a banda tras o seu terceiro traballo. Normalmente este disco é coñecido como Led Zeppelin IV pero tamén se xa lle dá o nome de ZOSO, Runes, Four Symbols, Four, Sticks ou mesmo Unnamed ("Sen título"). Neste disco conseguiron mesturar dun xeito maxistral o folk do anterior disco co hard rock do segundo, creando, a criterio de moitos, unha obra mestra. É o disco máis vendido do grupo e actualmemte, segundo a RIAA, é o cuarto disco máis vendido en Estados Unidos, cuns 23 millóns de copias vendidas[3].

Unha das anécdotas máis curiosas sobre este disco é o rumor, que se estendeu rapidamente, de que unha das súas cancións, "Stairway to Heaven", a máis coñecida do disco, ao reproducila cara atrás podíanse escoltar mensaxes tatánicas. Este rumor estendeuse debido á coñecida afección do grupo polo ocultismo, as mitoloxías e mesmo a obra de Tolkien, afección que xa mostraran en anteriores cancións.

No seu afán por innovar e experimentar xorde o disco Houses of the Holy o 28 de marzo do 73. Nel aparecen matices musicais amplísimos, dende reggae até funk, pasando por blues, folk, rock, uso de sintetizadores e ata o uso de melotrón. Este disco seguíu o camiño dos anteriores e foi número 1 en EEUU e Inglaterra. Na xira americana, nun dos seus concertos, no Tampa Stadium (Florida), romperon os records de asistencia a un concerto con 56.800 fans, superando a anterior marca en poder dos Beatles. Tamén nus dos seus concertos, no Madison Square Garden de Nova York, gravaronn unha película sobre ese concerto que retardaría a súa publicación ata 1976.

En 1975 decidiron formar o seu propio selo discográfico, Swang Song, para sentirse máis cómodos na produción das súas obras. Physical Graffiti sería o primeiro disco que publicarían co seu selo. Trátase do seu primeiro disco dobre; contén numerosas cancións, todas de grande calidade e de múltiples estilos. Obtivo boas criticas e tamén acadou o número 1 nas illas Británicas e en América. Neste ano volverib as súas xiras, que chegaron a ser apoteóticas e multitudinarias, sendo unha época extraordinaria para o grupo.

O fin dunha era[editar | editar a fonte]

Pero esta situación mudou no verán dese mesmo ano (1975) cando Plant sofreu un grave accidente xunto coa súa muller mentres estaban de vacacións na Illa de Rodas. A longa recuperación provocou a cancelación de xiras e concertos, polo que decidiron meterse de novo no estudo para a gravación do seu seguinte disco Presence (16 de marzo de 1976), á que o propio Plant ía en muletas debido á súa recuperación. Este disco caracterizase pola ausencia total de sintetizadores e a inexistencia dalgunha canción acústica. (Tamén número 1 en Inglaterra e EEUU))

En outubro dese mesmo ano (1976) estrearonn a película The Songs Remains the Same. Nela mestúranse as gravacións de concerto do 73 no Madison Square Garden con secuencias de fantasía ideadas pola propia banda. Tamén publicaron a súa banda sonora co mesmo título. Pero de novo en 1977 a má sorte golpea a Robert Plant: neste ano morreu por unha infección estomacal o seu fillo Karac Pendra, de seis anos. O cantante sumiuse nunha grande depresión, chegando a pensar en deixar a banda.

Pese a todo, Plant recapacitou e gravaron o que ó final sería o seu último disco de estudio In Through the Out Door en agosto de 1978. Volveron colocarse no primeiro posto das listas inglesas e americanas pese a que nese tempo apareceran novos movementos como o disco e o punk con grande acollida. O principal valedor do disco foi John Paul Jones, que compuxo 6 das 8 cancións que conten o disco. Nas xiras do seguinte ano o grupo xa non se centrou tanto na improvisación, centrándose máis nas cancións en si, mostrando un nivel de profesionalidade musical impecable.

A partir de aquí xordiron numerosos rumores arredor da posible disolución do grupo. Debíase aos problemas da banda, como a adicción á heroína de Page, o alcoholismo de Bonham e os cambios de tendencias musicais, que rematan co tráxico final de Led Zeppelin. No 25 de setembro de 1980 morre o batería John Bonham afogado no seu propio vómito tras a inxesta de vodka durante unha festa en casa de Jimmy Page. Así a banda decidiu a súa separación.

Por mor do contrato discográfico que lles obrigababa á publicación dun disco máis, xunto coa negativa de gravar sen Bonham, en 1982 editase Coda, con material inédito anteriormente rexeitado para os outros discos e cortes de sesións en directo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudo[editar | editar a fonte]

Outros álbums[editar | editar a fonte]

Cine e DVD[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]