Dietrich Kraiss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dietrich Kraiss
Dietrich Kraiss
Nome completoDietrich Kraiss
NacementoStuttgart
DefunciónNormandía
FidelidadeWehrmacht (Alemaña)
RangoXeneral
Mandos168ª División de Infantaría
335ª División de Infantaría
352ª División de Infantaría
Batallas/GuerrasSegunda guerra mundial
Operación Overlord

Dietrich Kraiss, nado o 16 de novembro de 1889 en Stuttgart, Alemaña e finado o 6 de xuño de 1944, foi un militar alemán da Wehrmacht.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kraiss foi comandante do 90° Rexemento de Infantaría (setembro de 1939 a marzo de 1941), da 168ª División de Infantaría (xullo de 1941 a marzo de 1943) e da 335ª División de Infantaría até maio de 1943. En novembro de 1943 tomou o mando da 352ª División de Infantaría, que en 1944, xunto a outras 6 divisións, foi localizada en Normandía, onde fixo fronte ao desembarco dos aliados (Operación Overlord). A súa División mantivo as posicións defensivas nos arredores de Saint-Lô (a capital das ruínas). Morreu durante a Batalla de Normandía na Praia de Omaha debido á metralla explosiva, que practicamente o desintegrou. A súa morte desalentou ás tropas alemás, propiciando a rendición xermana.