Erwin Rommel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Erwin Rommel (alcumado O raposo do deserto) foi un mariscal alemán durante o terceiro Reich. Naceu en Heidenheim o 15 de novembro de 1891, morreu en Herrlingen, o 14 de outubro de 1944. Veterán da Primeira Guerra Mundial, foi o mais destacado militar da Segunda Guerra Mundial por parte do bando do Eixo, innovando na guerra terrestre co perfeccionamento da táctica Blitzkrieg (guerra lóstrego), reflectido na súa obra "O tanque en ataque". Esta táctica consistia en darlle ó tanque unha importancia principal no ataque, e non reducilo a un elemento auxiliar.
Tralas campañas de conquista de Francia, Rommel pasa ó escenario Norteafricano, onde gaña o alcume de o raposo do deserto. Sen embargo, é derrotado por Patton e por Montgomery na (batalla de El-Alamein).
Morrerá en 1944 catro meses despois do intento de golpe de Estado contra Hitler, no que estivo implicado, obrigado a suicidarse.

