Michael Nyman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2010 foto

Michael Nyman, nado o 23 de marzo de 1944, é un pianista, musicólogo e compositor minimalista británico, coñecido sobre todo polas obras escritas durante a súa larga colaboración co cineasta británico Peter Greenaway.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nyman (que estudiou có académico Thurston Dart, experto en música barroca no King’s College en Londres) inspirouse frecuentemente na Música antiga nas súas composicións para as longametraxes de Greenaway, Henry Purcell en The Draughtsman's Contract e The Cook, the Thief, His Wife & Her Lover, Heinrigh Ignaz Franz von Biber en A Zed and Two Noughtsm, Mozart en Drowning by Numbers e John Dowland en Prospero's Books.

A súa popularidade disparouse despois de compoñer a banda sonora da galardoada película de Jane Campion, The Piano (1993). O filme non foi nominada pola academia a pesar de que o fora pola academia británica e para o Globo de Ouro. Compuxo bandas sonoras para moitos outros filmes, a gran maioría deles obras de autores independentes europeos. As súas poucas incursións na composición de bandas sonoras para Hollywood foron Gattaca, Ravenous (con Damon Albarn) e The End of the Affair.

As obras máis coñecidas de Nyman non dirixidas ó cine son Noises, Sounds & Sweet Airs (1987) para soprano, alto, tenor e conxunto instrumental (baseada na banda sonora – tamén de Nyman- de La Princesse de Milan); Ariel Songs (1990) para soprano e banda; MGV (Musique á Grande Vitesse) (1993); concertos para piano (baseado en The Piano), clave, trombón e saxofón; a ópera"The Man Who Mistook His Wife for a Hat (1986) (baseada nun estudio de Oliver Sacks); así como diversos cuartetos de corda.

Moitas das obras de Nyman foron escritas para o seu propio conxunto, a Michael Nyman Band, creado en 1976 para unha produción de Carlo Goldoni titulada Il Campiello. O conxunto estaba composto orixinalmente por instrumentos antigos como o rebec e a chirimía xunto a instrumentos modernos como o saxofón (incluído para conseguir un son o máis forte posible sen usar amplificación), pero pasou a usar cuarteto de corda amplificado, tres saxofóns, trombón baixo, baixo e piano, formación que foi modificada para algúns traballos.

Nyman tamén escribiu un traballo seminal en 1974 sobre a música experimental chamado Experimental Music: Cage and Beyond, que exploraba a influencia de John Cage nos compositores de música clásica europea. Tamén é recoñecido por ser o primeiro en aplicar o termo "minimalismo" á música, nun artigo de 1968 en "The Spectator" sobre o compositor inglés Cornelius Cardew.

Gravou música pop cos Flying Lizards. Recentemente, Nyman rechazou a publicación dunha versión adaptada con letra, composta por Toumas Holopainen do grupo de metal sinfónico Nightwish, da súa coñecida obra The Heart Asks For Pleasure First, coñecida por ser parte da banda sonora do filme The Piano.

Vida Persoal[editar | editar a fonte]

2009 foto

Casou con Aet Nyman e tivo dúas fillas, Molly e Martha. A súa primeira composición para cuarteto de corda Unchained Melody é un homenaxe a Aet, que aparece no filme de Greenaway The Falls, para a que el compuxo a música. Molly é unha compositora, a que en colaboración con Harry Escott escribiu varios filmes incluíndo The Road to Guantanamo para Michael Winterbotton, frecuente colaborador do seu pai. Martha é unha reporteira de investigación da BBC.

Nyman e Aet separáronse, e Nyman foi publicamente humillado debido a unha breve relación iniciada no MySpace con Jane Slavin.

Traballos[editar | editar a fonte]

  • Introduction and Allegro Concertato for Wind Quartet (1963)
  • Divertimento for Flute, Oboe and Clarinet (1963)
  • Canzona for Flute (1965)
  • Bell Set No. 1 (1974)
  • 1-100 (1976)
  • Waltz in D (1976)
  • Waltz in F (1976)
  • In Re Don Giovanni (1977)
  • The Otherwise Very Beautiful Blue Danube Waltz (1978)
  • "The Masterwork" Award Winning Fish-Knife (1979)
  • A Neat Slice of Time (1980)
  • Think Slow, Act Fast (1981)
  • Five Orchestral Pieces for Opus willi (1981)
  • M-Work (1981)
  • 2 Violins (1981)
  • Four Saxes (Real Slow Drag) (1982)
  • A Handsome, Smooth, Sweet, Smart, Clear Stroke: Or Else Play Not At All (1983)
  • Time's Up (1983)
  • I'll Stake My Cremona to a Jew's Trump (1983)
  • Love is Certainly, at Least Alphabetically Speaking (1983)
  • The Abbess of Andouillets (1984)
  • Nose-List Song (1985)
  • Childs Play (1985)
  • String Quartet No. 1 (1985)
  • Taking a Line for a Second Walk (1986)
  • The Man Who Mistook His Wife for a Hat (1986)
  • And Do They Do (1986)
  • Vital Statistics (1987)
  • String Quartet No. 2 (1988)
  • Out of the Ruins (1989)
  • La Traversée de Paris (1989)
  • The Fall of Icarus (1989)
  • L'Orgie Parisienne (1989)
  • Shaping the Curve (1990)
  • Six Celan Songs (1990)
  • Polish Love Song (1990)
  • String Quartet No. 3 (1990)
  • The Michael Nyman Songbook (1991)
  • Where the Bee Dances (1991)
  • Fluegelhorn and Piano (1991)
  • Time Will Pronounce (1992)
  • For John Cage (1992)
  • Self-Laudatory Hymn of Inanna and Her Omnipotence (1992)
  • The Convertibility of Lute Strings (1992)
  • Anne de Lucy Songs (1992)
  • The Upside-Down Violin (1992)
  • MGV: Musique à grande vitesse (1993)
  • The Piano Concerto (1993)
  • Noises, Sounds & Sweet Airs (1993)
  • Yamamoto Perpetuo (1993)
  • Songs for Tony (1993)
  • To Morrow (1994)
  • 3 Quartets (1994)
  • Concerto for Trombone (1994)
  • String Quartet No. 4 (1994)
  • Tango for Tim (In memoriam Tom Suster) (1995)
  • The Waltz Song (1995)
  • Viola and Piano (1995)
  • Grounded (1995)
  • HRT High Rise Terminal (1995)
  • Concerto for Harpsichord and Strings (1995)
  • Double Concerto for Saxophone and Cello (1995)
  • After Extra Time (1996)
  • Strong on Oaks, Strong on the Causes of Oaks (1997)
  • The Promise (1997)
  • Cycle of Disquietude (Coisas, Vozes, Lettras) (1998)
  • Orfeu (1998)
  • De Granada A La Luna (1998)
  • The Commissar Vanishes (1999)
  • Facing Goya (2000)
  • a dance he little thinks of (2001)
  • Violin Concerto (2003)
  • Man and Boy: Dada (2003)
  • Love Counts (2005)
  • gdm for Marimba and Orchestra (2006)
  • Acts of Beauty' (2006)
  • A Handshake in the Dark (2007)
  • Interlude in C (2007)
  • Eight Lust Songs (2007)

Música para filmes, televisión, e videoxogos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Audicións[editar | editar a fonte]