Beade

From Wikipedia
Modelo:Xeografía políticaBeade
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°20′05″N 8°08′44″O / 42.334722222222, -8.1455555555556Coordenadas: 42°20′05″N 8°08′44″O / 42.334722222222, -8.1455555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalBeade Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación364 (2023) Editar o valor em Wikidata (60,67 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie6 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude158 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataFernando Taboada Guntín (2023–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Beade Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32431 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32010 Editar o valor em Wikidata

Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia. Segundo o IGE en 2022 tiña 372 habitantes (500 en 2012, 557 en 2007, 553 no 2006, 559 no 2005, 578 no 2004, 576 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é beadés.[1]

Demografía[edit | edit source]

Censo total 397 (2019)
Menores de 15 anos 29 (7.30 %)
Entre 15 e 64 anos 224 (56.42 %)
Maiores de 65 anos 144 (36.27 %)
Evolución da poboación de Beade   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
1738 1225 1250 1204 578 515 500
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[edit | edit source]

Na Idade Media a freguesía de Beade (que abranguía as parroquias de Abelenda (Avión), Beiro, Faramontaos, Muimenta (Carballeda de Avia), Orega, Berán (Leiro) e As Regadas), pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén, que exercía señorío a través dunha encomenda.

A Encomenda de Beade, que chegou a pertencer ao priorado de Castela, era no século XVIII a máis importante de Galiza xunto coa de Quiroga. A súa influencia aumentou nese mesmo século ao absorber a Encomenda de Pazos de Arenteiro, que pertencera á Orde do Temple, incorporando ás súas posesións o propio Pazos de Arenteiro, Albarellos Astureses (Boborás), Cusanca, Dadín, Parada de Labiote e Reádigos (O Irixo).

En 1809, durante a Guerra da Independencia Española a zona foi saqueada polos franceses. En 1823 sufriu outro saqueo, a mans dos realistas contrarios ós liberais desta zona. En xullo de 1836 a parroquia de Beade foi atacada por tropas carlistas baixo as ordes de Guillade e Pobadura, pero a agresión foi repelida coa axuda dos veciños das Regadas e Cenlle.

A mañá do 7 de outubro de 2013, a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.[2]

Galería de imaxes[edit | edit source]

Artigo principal: Galería de imaxes de Beade.

Parroquias[edit | edit source]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Beade

Beade (Santa María) | As Regadas (San Amaro)

Nalgúns mapas[3][4] Beade abrangue tamén a parroquia de San Cristovo de Regodeigón, que desde o primeiro terzo do século pertence a Ribadavia[5].

Lugares de Beade[edit | edit source]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beade vexa: Lugares de Beade.

Notas[edit | edit source]

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 42. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. "Atentado en Beade". Galicia Hoxe. 7 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 7 de outubro de 2013. 
  3. Entre eles, os do Instituto de Estudos do Territorio e os do Instituto Geográfico Nacional
  4. Ficheiro:Galicia250k Parroquial 400dpi comp9O.png
  5. "La Polonia del Ribeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-08-20. Consultado o 2021-02-09. 

Véxase tamén[edit | edit source]

Outros artigos[edit | edit source]