Saltar ao contido

Yeremay Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Yeremay Hernández Cubas»)
Infotaula de personaYeremay Hernández
Biografía
Nacemento10 de decembro de 2002 Editar o valor em Wikidata (21 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata

Yeremay Hernández Cubas, tamén coñecido como Peke, nado nas Palmas de Gran Canaria o 10 de decembro de 2002, é un futbolista español que xoga de mediapunta no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas canteiras da UD Las Palmas e do Real Madrid, e aos 15 anos incorporouse ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña.[1] Completou na Coruña a súa etapa de cadete, pasando logo ao equipo xuvenil, co que se proclamou campión da División de Honra e da Copa de Campións na tempada 2020/21. Esa mesma tempada debutou co Fabril de Juan Carlos Valerón na Terceira División, xogando 17 partidos e marcando tres goles.

Continuou como xogador do Fabril na seguinte tempada, xa con Óscar Gilsanz como adestrador, e comezou a ser convocado por Borja Jiménez para o primeiro equipo. O 1 de decembro de 2021 debutou co Deportivo da Coruña en partido oficial, na primeira rolda da Copa do Rei 2021/22 contra o UCAM Murcia na Condomina. Entrou na segunda parte como substituto de Menudo, e realizou unha destacada actuación, marcando na prórroga o terceiro gol do seu equipo, e dándolle unha asistencia a Quiles, para que este fixera o cuarto (3-4).[2] Tres días despois debutou na Primeira División RFEF contra o Racing de Ferrol na Malata, substituíndo na segunda parte a Villares. Pechou a tempada con 19 encontros co filial e 9 co primeiro equipo.

Para a tempada 2022/23 o Deportivo inscribiuno xa como xogador do primeiro equipo a tódolos efectos.[3] O 18 de abril de 2024 renovou co Deportivo até o 30 de xuño de 2030.[4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yeremay Hernández liga su futuro al Deportivo" (en castelán). 11 de decembro de 2018. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  2. Lema, Jorge (1 de decembro de 2021). "Yeremay invita a otra ronda" (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  3. "El Deportivo inscribe a Yeremay con ficha del primer equipo" (en castelán). 1 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  4. "Yeremay únese ao Dépor do futuro e renova até 2030". 18 de abril de 2024. Consultado o 18 de abril de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]