Bonifacio VII, antipapa
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século X ![]() Roma, Italia ![]() |
Morte | 20 de xullo de 985 (Gregoriano) ![]() Roma, Italia ![]() |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro ![]() |
Cardeal | |
Antipapa Bonifacio VII | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote ![]() |
Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Boniface VII. Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Orthodox Theological Encyclopedia (en) ![]() ![]() |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Bonifacio VII foi un antipapa que ocupou o trono pontificio de forma ilegal en dúas ocasións, en 974 e entre 984 e 985. Foi considerado polos seus coetáneos como un «monstro».
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiro antipapado
[editar | editar a fonte]No ano 974, durante o pontificado de Bieito VI, aproveitando a morte do protector deste, o emperador Odón I, o patricio romano Xoán Crescencio nomea papa ao cardeal diácono Francone Ferruchi que adopta o nome de Bonifacio VII.
Nesta primeira etapa só gobernou a Igrexa durante seis semanas, o tempo que tardou o conde Sicco de Spoleto en chegar a Roma en calidade de representante do novo emperador Odón II e obrigar a Bonifacio a fuxir da cidade e refuxiarse en Constantinopla, onde levou consigo parte do tesouro da Igrexa. No entanto nese breve período fixo estrangular ao papa lexítimo, Bieito VI. Tras a súa fuxida é elixido novo Papa Bieito VI, quen excomunga ao antipapa Bonifacio como unha das súas primeiras medidas.
Segundo antipapado
[editar | editar a fonte]Bonifacio permanecerá en Constantinopla durante dez anos ata que, en 984, aproveitando a morte de Odón II e que o seu sucesor, Odón III, ten apenas tres anos de idade, regresa a Roma e coa complicidade de Crescencio II, fillo do citado Xoán Crescencio, encarcera ao papa que entón rexía os destinos da Igrexa, Xoán XIV, e volve ocupar o solio pontificio case durante un ano.
O papa lexítimo, Xoán XIV, faleceu de fame durante o seu encarceramento, polo que Bonifacio VII está considerado como o asasino de dous papas.
Bonifacio VII faleceu asasinado o 20 de xullo de 985, sendo o seu cadáver mutilado e arrastrado polas rúas romanas até terminar exposto aos pés da estatua de Constantino.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cantù, Cesare; Historia universal, vol. 4, p. 529. Ed. Imp. de Gaspar y Roig (1855).
- Aguilar Piñal, Francisco; La quimera de los dioses. Ojos que no ven, corazón que no quiebra, p. 507. Ed. Visión Libros. ISBN 978-84-9886-506-6.
- VVAA; Compendio cronológico-histórico de los soberanos de Europa..., p. 22. Ed. Oficina de D. Miguel Escribano (1784).
- VVAA; Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana, p. 363. Ed. J. Espasa (1922).
![]() |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |