Juan Benet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Juan Benet
Nacemento 7 de outubro de 1927
  Madrid
Falecemento 5 de xaneiro de 1993
  Madrid
Causa cancro
Nacionalidade España
Ocupación enxeñeiro, escritor e poeta
Premios Premio Planeta
editar datos en Wikidata ]

Juan Benet Goitia, nado en Madrid o 7 de outubro de 1927 e finado na mesma cidade o 5 de xaneiro de 1993, foi un escritor español, considerado como un dos máis influentes da segunda metade do século XX en España.[1][2] Exerceu a súa profesión de enxeñeiro de camiños e en literatura practicou diversos xéneros: drama, ensaio, conto e novela, destacando sobre todo nesta última.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Madrid, o último dos tres fillos —despois de Marisol e Paco— do matrimonio do avogado Tomás Benet Benet e Teresa Goitia Ajuria. O seu pai morreu fusilado na zona republicana ó comezo da guerra civil, en 1936, despois do cal a súa nai foise cos seus fillos a Donostia, onde tiña familiares, ata que en 1939 regresou á capital.

En Donostia, Benet ingresou no Colexio Católico Santa María de Marianistas, en Aldapeta, e en Madrid continuou os seus estudos no da nosa Señora do Pilar, onde rematou o bacharelato en 1944. Catro anos máis tarde, ingresou na Escola Superior de Camiños, Canles e Portos.[3]

En 1946 comezou a frecuentar o faladoiro de Pío Baroja, un dos poucos escritores españois que lle gustaban, e ó que dedicou unhas páxinas no Otoño en Madrid hacia 1950. Ese mesmo ano descubriu, por influxo do seu primo Carmelo Chueca Goitia, residente en Inglaterra, a William Faulkner, quen, segundo recoñeceu máis tarde, foi o que lle determinou a escribir. Nos seus anos universitarios converteuse en asiduo dos cafés Gambrinus e Gijón, onde coñeceu a quen foi grande amigo, Luis Martín-Santos, entre outros autores da época.

Notas[editar | editar a fonte]