Organización territorial de Suráfrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As provincias de Suráfrica.

A organización territorial de Suráfrica baséase en nove provincias, divididas en municipalidades metropolitanas e distritos compostos por varias municipalidades.[1] Os distritos divídense á súa vez en municipalidades locais. Tanto os primeiros como os segundos divídense en circunscricións electorais.

Provincias[editar | editar a fonte]

Dende 1994, Suráfrica está dividida en nove provincias: o Cabo Oriental, o Estado Libre, Gauteng, KwaZulu-Natal, Limpopo, Mpumalanga, Noroeste, o Cabo Setentrional e o Cabo Occidental.[2] Os límites das provincias, especificados na constitución, foron alterados dúas veces por emenda constitucional.

Cada provincia é gobernada por un parlamento unicameral, que á súa vez elixe a un primeiro ministro por lexislatura.[3] Os parlamentos provinciais teñen representación no parlamento nacional por medio das súas delegacións ao Consello Nacional de Provincias.[4]

As oito municipalidades metropolitanas.

Municipalidades metropolitanas[editar | editar a fonte]

Oito das maiores cidades de Suráfrica son gobernados como municipalidades metropolitanas, que exercen as funcións municipais nas súas áreas, en contraste coas responsabilidades divididas en áreas co sistema de distritos. As municipalidades metropolitanas son rexidas por concellos nos que a metade dos concelleiros son elixidos directamente nas circunscricións electorais e a outra metade son elixidos en listas electorais pechadas.

As oito municipalidades metropolitanas son: Buffalo City, Cidade do Cabo, Ekurhuleni, eThekwini, Xohanesburgo, Mangaung, Baía Nelson Mandela e Tshwane.

Fronteiras dos distritos e municipalidades metropolitanas.

Distritos[editar | editar a fonte]

Fóra dos municipios metropolitanos, o resto de Suráfrica está dividida en 44 distritos. Estes abranguen grandes rexións das provincias, e divídense á súa vez en municipalidades locais. Os distritos son responsables de funcións municipais de ámbito supramunicipal, como a subministración de servizos públicos, transporte público etc. Nos distritos, o 60% dos conselleiros son nomeados polos concellos dos municipios constituíntes, mentres que os 40% restantes son elixidos pola poboación en listas electorais.

Fronteiras dos municipios.

Municipalidades locais[editar | editar a fonte]

Os distritos están divididos nun total de 226 concellos. En xeral, un municipio local inclúe un ou máis cidades e das aldeas veciñas, e zonas rurais. O concello local exerce todas as funcións municipais non realizadas polo distrito no que se atopa. Os concelleiros dos municipios locais son elixidos do mesmo xeito que os dos municipios metropolitanos.

Circunscricións electorais.

Circunscricións electorais (wards)[editar | editar a fonte]

As municipalidades metropolitanas e os municipios locais divídense en circunscricións electorais. En cada unha elíxese a un concelleiro para o concello. Hai un total de 4.277 delas en Suráfrica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fessha 2010, p. 97.
  2. Fessha 2010, p. 112.
  3. De Visser 2005, p. 56.
  4. De Visser 2005, p. 54.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • De Visser, Jaap (2005). Intersentia nv, ed. Developmental Local Government: A Case Study of South Africa (en inglés). ISBN 9789050954259. 
  • Fessha, Yonatan Tesfaye (2010). Ashgate Publishing, Ltd., ed. Ethnic Diversity and Federalism: Constitution Making in South Africa and Ethiopia (en inglés). ISBN 9781409403104.