O seu afluente máis destacado é o río Vaal, que tamén nace na cordilleira Drakensberg, ao leste de Xohanesburgo e forma a fronteira entre o Transvaal e o Estado Libre, antes de unirse co Orange ao sueste de Kimberley. Tras unirse co Vaal, o Orange percorre os terreos áridos e salvaxes do sur da rexión de Kalahari e Namaqualand.
Durante os últimos 800km do seu curso recibe moitos regueiros intermitentes e varios wadis. O volume do caudal redúcese considerablemente debido á evaporación. Na estación de chuvias, o Orange convértese nun impetuoso torrente.
O río é un dos que leva máis arrastres de terras no mundo, estimándose nuns 60 millóns de toneladas anuais.[1] No seu percorrido alimenta o encoro de Gariem (Gariem Damp), cun muro de 88 m de altura e 900 m de lonxitude cerrando o lago artificial duns 360 km2.[1]