Saltar ao contido

Porto Elizabeth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPorto Elizabeth
Port Elizabeth (en)
Die Baai (af) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

AlcumeThe Friendly City e The Windy City Editar o valor en Wikidata
EpónimoBaakens River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 33°57′29″S 25°36′00″L / -33.9581, 25.6
EstadoSuráfrica
Província da África (pt) TraducirO Cabo Oriental
Constituency of a provincial legislature in South Africa (en) TraducirEastern Cape (en) Traducir
Municípios metropolitanos da África (pt) TraducirNelson Mandela Bay Metropolitan Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación312.392 (2011) Editar o valor en Wikidata (169,32 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.845 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude15 m Editar o valor en Wikidata
Creación1820 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal6001 e 6000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico041 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

BNE: XX6020803
Port Elizabeth.

Porto Elizabeth[1] (en inglés e mais afrikaans: Port Elizabeth, en xosa: Ibhayi) é unha cidade de Suráfrica, situada na Provincia Oriental do Cabo. A cidade sitúase na Baía de Algoa, e é un dos maiores portos en Suráfrica. A cidade contaba en 2005 con 737.600 habitantes, aínda que a súa área metropolitana chega a xuntar a 1.244.900 persoas. Coñecida ás veces coloquialmente como "PE", foi fundada como cidade en 1820 polos colonizadores británicos. Dende o 23 de febreiro de 2021 a única forma oficial da cidade é Gqeberha[2] que é o nome xosa do río Baakens.

Horse Memorial.

Tiña 737.600 habitantes en 2005, e calcúlase que a súa área metropolitana (Municipalidade "Baía de Nelson Mandela") posúe preto de 1.300.000 habitantes (59% negros, 23,5% mestizos, 16,5% brancos e 1% de asiáticos). As tres linguas máis faladas son o xosa (57,5%), o afrikaans (30%), e o inglés (12,5%). Port Elizabeth está ao sur do Parque Nacional de Elefantes Addo, e é sede da Universidade de Porto Elizabeth, que o seu fusionou PE Technicon e Vista University en 2005, para formar a Universidade Metropolitana Nelson Mandela.

Dende 1998, Port Elizabeth é cidade irmá coa cidade sueca de Gotemburgo, fomentando o desenvolvemento de campos comúns de interese como xestión de residuos, bibliotecas públicas, deporte e turismo. En 2000 Port Elizabeth converteuse na sexta cidade irmá de Jacksonville, Florida nos Estados Unidos. Outra cidade irmá é Palm Desert (California), tamén nos Estados Unidos, que o é desde 2005.

A morte máis afastada atribuída ao tsunami do océano Índico de 2004 sucedeu na Praia do Horizonte Azul (Blue Horizon Beach), nos arredores de Port Elizabeth, a 8.000 quilómetros (5.000 millas) de distancia do epicentro do terremoto que causou a onda xigantesca. Port Elizabeth é a miúdo abreviada a "PE", e alcumada "a Cidade Amigable" ou "a Cidade Ventosa"

A cidade foi fundada en 1820 por Sir Rufane Donkin, o gobernador da Colonia do Cabo, e foi habitada inicialmente con 4.000 británicos. Debe o seu nome á esposa do seu fundador, e non a Sabela I como moitos cren. Os británicos construíron un campo de concentración aquí durante a Segunda Guerra Anglo-Bóer para aloxar a mulleres e nenos bóers.

En 2001 foi formada a Municipalidade Metropolitana Nelson Mandela (NMMM), unha zona administrativa que comprende Port Elizabeth, as cidades veciñas de Uitenhage e Despatch e as áreas agrícolas circundantes. Esta área metropolitana ten unha poboación de 1,5 millóns de habitantes. Port Elizabeth, Despatch e Uitenhage son agora coñecidos como a Baía Nelson Mandela.

A Reserva Donkin.

Port Elizabeth forma parte da Municipalidade Metropolitana Nelson Mandela. Port Elizabeth é unha das sedes do Alto Tribunal de Suráfrica (High Court of South Africa), así como de xulgados de primeira instancia (Magistrates Courts of South Africa). Como consecuencia da presenza dun Alto Tribunal, varios outros órganos relacionados do estado como unha Oficina de Peritos e unha Dirección do Ministerio Público Fiscal están presentes na cidade. Outros departamentos de Goberno (sobre todo provincial) manteñen organismos ou outras oficinas no Port Elizabeth.

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 102. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. "South Africans get their tongues round Gqeberha, the new name for Port Elizabeth". CNN. 26 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]