Aisai
| |||
Mapa | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización de Aisai na prefectura de Aichi | |||
![]() | |||
Localización da prefectura de Aichi no Xapón | |||
Información | |||
País | ![]() | ||
Illa | Honshū | ||
Rexión | Rexión de Chūbu, Rexión de Tōkai | ||
Prefectura | Prefectura de Aichi | ||
Superficie | 66,63 km2 | ||
Poboación | 65.371 (2009) | ||
Densidade | 981 h/km² | ||
Alcalde |
Aisai (愛西市, あいさいし, Aisai-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte Tōkai da rexión de Chūbu, e ó oeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 66,63 km² e a poboación de 65.371 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 981 h/km².
O concello de Aisai limita cos concellos de Inazawa, de Miwa, de Tsushima, de Kanie, de Yatomi (son da prefectura de Aichi); de Kaizu (da prefectura de Gifu); e de Kuwana (da prefectura de Mie).
Historia[editar | editar a fonte]
A cidade de Aisai foi fundada pola fusión de dous concellos de vila (Saya e Saori) e de dous concellos de aldea (Tatsuta e Hachikai) do distrito de Ama no ano 2005.