Noroeste (Suráfrica)
Coordenadas: 27°S 26°L / -27, -26
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |

A provincia do Noroeste en Suráfrica
- Para a provincia homónima en Zambia, véxase Provincia do Noroeste (Zambia).
Noroeste é unha das nove provincias que forman a República de Suráfrica. A súa capital é Mafikeng.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situada ao norte do país, a unha altitude media de 1.453 msnm, limita ao norte con Botsuana, a nordeste con Limpopo, ao leste con Gauteng, ao sur co Estado Libre e ao oeste co Cabo Setentrional.
Ocupa unha superficie de 104.882 km². Segundo o censo de 2010 tiña unha poboación de 3.509.953 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 33 hab./km².
Historia[editar | editar a fonte]
Foi creada tras a fin do Apartheid en 1994, e inclúe partes das antigas provincias de Transvaal e da provincia do Cabo, así como a maior parte do antigo Bantustán de Bofutatsuana.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Noroeste ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web oficial do Goberno da Provincia do Noroeste (en inglés)
- Oficina de turismo da Provincia do Noroeste (en inglés)
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |