Historia de Suráfrica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
Historia de Suráfrica | |
Mapa de Juta do sur de África. | |
Historia | Suráfrica |
Cronoloxía | Cronoloxía de Suráfrica |
Categoría | Historia de Suráfrica |
A historia de Suráfrica abrangue a historia de Suráfrica e dos seus estados predecesores.
Prehistoria
[editar | editar a fonte]Descubríronse vestixios de homínidos que poboaron o actual territorio de Suráfrica hai máis de 3 000 000 de anos. Evolucionaron gradualmente ata hai 1 000 000 millón de anos cando aparece o Homo erectus na rexión. Os primeiros coñecementos que se teñen do Homo sapiens datan de hai 100 000 anos. Os primeiros Homo sapiens que se coñecen no área son as tribos san despectivamente coñecidos como bosquimáns, os cales eran principalmente cazadores. Hai uns 2 500 anos tribos bantúes emigraron do delta do río Níxer cara ao que hoxe é Suráfrica e, aparentemente, viviron pacificamente cos bushman na rexión. Pouco se coñece desta época, estas tribos non coñecían a escritura e o escaso coñecemento que se ten provén de achados arqueolóxicos. Posteriormente emigraron outras tribos a Suráfrica tales como os khoi, san, xosas, zulús e outras.
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]A historia escrita de Suráfrica comeza coa chegada dos europeos á rexión. Os primeiros en facer incursións foron os portugueses, quen fundaron un asentamento precursor de Cidade do Cabo no Cabo de Boa Esperanza e practicamente exterminaron os khoikhoi e san que habitaban na rexión. Os holandeses, arrebataron a colonia aos portugueses en 1652, estableceron pequenos asentamentos no Cabo de Boa Esperanza e expandironse ata formar a Colonia do Cabo. Ao final do século XVIII os ingleses apoderáronse da colonia holandesa, transformándose entón nunha colonia británica. A poboación europea comezou a expandirse e comezaron as loitas cos nativos sobre a posesión da terra con abundantes baixas en ámbolos lados. As hostilidades tamén se iniciaron entre os holandeses e os británicos e moitos destes holandeses emigraron e establecéronse na zona central da rexión coñecida como Highveld onde formaron catro repúblicas. Os holandeses, eran coñecidos como os bóers (granxeiros, en holandés), tiveron dúas guerras cos británicos, chamadas Guerra dos Boers, que terminaron na derrota destes e das súas repúblicas independentes.
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]En 1910 as catro principais repúblicas da rexión uníronse configurando a Unión Surafricana. Aos poboadores de raza negra non se lles deu o dereito de voto nesta república e a falta de dereitos dos negros, os denominado "homes de cor" e asiáticos continuou erosionando o concepto de unión.
Os descendentes dos colonos brancos sempre constituíron unha minoría entre os africanos de raza negra. Logo da segunda guerra mundial os brancos ditaron as súas regras racistas a través do Apartheid, mediante unha serie de leis que establecían a segregación racial. O sistema do Apartheid empezouse a cuestionar internacionalmente ao comezar o último cuarto do século XX, polo que o goberno do Partido Nacional incrementou as sancións, os arrestos e a opresión contra a poboación que non era branca.
En 1990, logo dun longo período de resistencia por parte de varios movementos anti-Apartheid (sobre todo o Congreso Nacional Africano) e da presión internacional por campañas como Free Nelson Mandela, o goberno do Partido Nacional viuse forzado a dar un primeiro paso cara á negociación abolindo a prohibición do Congreso Nacional Africano e outras organizacións políticas de esquerdas, e liberando a Nelson Mandela logo de 27 anos en prisión. Para a entrega do poder á maioría negra leváronse a cabo negociacións que incluían o mantemento do sistema económico preexistente, a lei de reconciliación e o desmantelamento do programa nuclear de Suráfrica para que os africanos non dispuxesen da bomba atómica. A lexislación do Apartheid foi gradualmente substituída dos textos estatutarios e leváronse a cabo as primeiras eleccións multirraciais en 1994. O Congreso Nacional Africano (ANC) gañounas cunha gran maioría, e desde entón mantívose no poder.
O país está actualmente baixo control da maioría negra, a cal constitúe o 80 % da poboación. Malia a eliminación do Apartheid, millóns de surafricanos negros continúan vivindo na miseria e a taxa de desemprego oficial rolda no 40 %. De todos os xeitos leváronse a cabo cambios lexislativos baixo os auspicios do BEE (Black Economic Empowerment), axudando a nivelar as condicións de vida dos grupos raciais do país, situación provocada por mor de décadas de dominio económico desproporcionado por parte da minoría branca.