Saltar ao contido

Serra do Candán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSerra do Candán
Imaxe
Tiposerra
Zona de especial conservación
espazo natural protexido
Zonas de especial protección dos valores naturais Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaForcarei, España, Lalín, España, Silleda, España, Beariz, España e O Irixo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°06′06″N 8°04′04″O / 42.1017, -8.0678
CordilleiraDorsal galega Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie10.746,89081 ha Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 349434 Editar o valor en Wikidata
Área protexida da rede Natura 2000
IdentificadorEditar o valor en Wikidata ES1140013 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación2004 Editar o valor en Wikidata

A serra do Candán é unha serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Atópase na dorsal galega e é onde nacen os ríos Lérez, o Umia e varios afluentes do Deza. É unha zona especial de conservación (ZEC).[1]

No outono do cerne Candán
deitan as fontes do Lérez:
no baixo, ao pé do regato
sorrí a Santiña de Montes
nun convento destellado

Características

[editar | editar a fonte]

A maior parte das rochas da serra está constituídas por granitos e xistos, morfoloxicamente a superficie é achairada, a súa orientación é paralela á costa o que fai que sexa responsable do coñecido como efecto Föhn que fai que as frontes húmidas procedentes do Atlántico ascendan ao chegar á vertente occidental da serra do Candán, arrefriando ao ter que elevarse e como consecuencia condénsanse a auga, que descarga como chuvia antes de chegar ao cume, mentres a vertente do sotavento recibe o aire fresco que vai quecendo ao perder altura.

Os principais cumes son o Alto de San Bieito -tamén chamado monte de San Bento- (1017 metros), O Coco (969 metros), Seixiños Brancos (905 metros), Chamor (815 metros) e Alto de San Sebastián (750 metros). A serra do Candán está incluída na Rede Natura pola riqueza dos seus ecosistemas, que varían desde os bosques de galería e as fragas nas zonas de menos altitude e nas ribeiras dos ríos, ata o monte baixo de toxo, carqueixa, queiroga e xesta. Entre a fauna presente no Candán destacan especies en perigo de extinción como o bufo real e a aguia real, xunto con especies máis comúns como o azor, o miñato, a curuxa, o lobo, o gato bravo, a denosiña e o raposo.

  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Serra do Careón". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]