Río Umia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Umia
Río Umia dende Paradivas.Caldas de Reis.Galiza.jpg
Encoro da Baxe no río Umia dende Paradivas. Caldas de Reis.
País Galicia Galicia
Nacemento Aciveiro (Forcarei)
Desembocadura Ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados)

O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km². Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

Características[editar | editar a fonte]

O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa (700 m), Filloi (720 m), Alende (620 m) e Grela. Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado até Ponte Taboada. Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Cesar, Caldas de Reis, cae en fervenza. En Caldas de Reis entra na Depresión Meridiana, até desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia creando unhas marismas en que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.

O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo na súa contorna diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Umia < *u̯h1-m-i̯a, viría da raíz hidronímica prelatina indoeuropea *u̯h1-m (auga)̯̯ cfr. lat. ūmeō <*u̯h1-m-o, de recoñecida presenza na hidronimia galega (Río Uma, Río Mao, Acea de Ama etc)[1].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Umia

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Umia

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]