Oseira, San Cristovo de Cea
| Oseira | |
|---|---|
Mosteiro Cisterciense de Oseira | |
| Concello | San Cristovo de Cea[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°32′19″N 7°57′06″O / 42.53863316, -7.9516631 |
| Poboación | 252 hab. (2024) |
| Entidades de poboación | 23[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María a Real de Oseira é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 252 habitantes (139 homes e 113 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 389 habitantes[2].
Xeografía
[editar | editar a fonte]É a parroquia máis extensa do municipio de San Cristovo de Cea, ocupa aproximadamente un cuarto da totalidade do concello. Coñecida polo Mosteiro Cisterciense de Oseira que en épocas anteriores foi algo así como o centro neurálxico de toda a comarca do Carballiño.
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]Oseira (do latín ossum, "lugar onde hai osos"), o nome provén de "ursaria", terra onde habitan osos, pois era frecuente poder ver este tipo de animais pola zona. En galego antigo escrito coma Osseira (Osseyra), posteriormente ás veces castelanizado coma Osera ou Ossera[3].
Festas
[editar | editar a fonte]Celébrase o 15 de agosto a festa en honor a Santa María a Real de Oseira. Aínda que a festa laica se fai o domingo que segue ó día 15.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cruceiro.
-
Hórreo en madeira.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Oseira
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Oseira no concello de San Cristovo de Cea na Provincia de Ourense | |
|---|---|
|
Arenteiriño | Áspera | Betar | Boulla | A Cabana | Confurco | A Costa | O Gamoal | Mirallos | Oseira | Pielas | Pobadura | O Río | San Martiño | Silvaboa | Tanxil | Trabazos | A Veiga de Abaixo | A Veiga de Arriba | A Ventela | Vilanfesta | Vilarello | Vilariño Frío |
Parroquias de San Cristovo de Cea
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-04.
- ↑ Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)