Ricardo Boán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ricardo Boán
Nacemento6 de xullo de 1879
Lugar de nacementoA Habana
Falecemento12 de outubro de 1915
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]
Edificio na rúa de San Nicolao da Coruña, de Ricardo Boán.

Ricardo Boán Callejas, nado na Habana o 6 de xuño de 1879 e finado na Coruña o 12 de outubro de 1914,[1] foi un arquitecto de orixe cubana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Boán naceu na Habana, fillo do capitán de cabalería Ricardo Boán, natural de Guantánamo, e de María Dolores Callejas Becerra, da Habana.[2] A familia tivo que trasladarse a Madrid en 1884 por mor da guerra de independencia cubana. Nesa cidade estudou arquitectura, licenciándose en 1905.[3]

Trasladouse á Coruña, onde foi o introdutor xunto con Antonio López Hernández do modernismo na cidade a partir de 1906.[4] O 7 de decembro de 1906 foi nomeado arquitecto municipal interino de Lugo,[3] posto que ocupou ata o 25 de xuño de 1907.[2]

Posteriormente ocupou as praza de arquitecto de Facenda en Lugo e desde abril de 1911 ata a súa morte a de arquitecto auxiliar da Coruña.[2] Faleceu por tuberculose en 1914.[5]

Familia[editar | editar a fonte]

O 20 de marzo de 1911 casou con Mercedes Núñez Núñez.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras destacan os edificios da rúa de San Nicolao 11-13 e da rúa da Barreira 23-25[6] e a Casa Solla, en Santo André 100.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xunta de Galicia, ed. (2000). Casas de Indianos. p. 57. ISBN 84-453-2803-4. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Fernández Fernández, Xosé. Miscelánea coruñesa (en castelán). Librería Arenas. p. 136. 
  3. 3,0 3,1 Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 238.
  4. "A arquitectura modernista". 
  5. Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 17.
  6. Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 50-51.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]