Julio Galán Carvajal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Galán Carvajal
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1875 Editar o valor em Wikidata
Avilés, España Editar o valor em Wikidata
Mortedecembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJulio Galán Gómez Editar o valor em Wikidata

Julio Galán y González Carvajal, nado en Avilés (Asturias) o 22 de decembro de 1875 e finado en Oviedo en decembro de 1939 foi un arquitecto que realizou a maior parte da súa obra en Galicia e Asturias.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arquitectura en Madrid onde se graduou en 1900. O seu primeiro traballo foi como arquitecto municipal en Trujillo, pero ao quedar libre a praza de arquitecto provincial da Coruña trala morte de Faustino Domínguez Coumes-Gay gañou a praza en 1901. Tamén foi arquitecto diocesano de Santiago de Compostela. Na Coruña naceu o seu fillo, o tamén arquitecto Julio Galán Gómez.

En 1911 foi nomeado arquitecto municipal de Oviedo, cargo que ocupou ata 1921. Seguiu residindo na cidade de Oviedo ata a súa morte.

En 1991 o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia creou o Premio de Arquitectura Julio Galán Carvajal.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Galán Carvajal é considerado un dos introdutores do modernismo en Galicia, realizando obras como a Casa Rey e o Pazo de Xustiza da Coruña (sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia). Foi o autor das Casas do Concello de Carballo e Ribeira, derrubadas ambas as dúas na década de 1970. En Asturias deseñou o Círculo Mercantil ou a colonia do Marqués de San Feliz.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. COAG, ed. (24 de maio de 1991). "I Premio Julio Galán Carvajal. Acta del jurado" (PDF) (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • González Fernández, José David. Dos obras perdidas del arquitecto Julio Galán. 
  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]