Os peixes na cultura popular galega
Aparencia
Peixes en xeral
[editar | editar a fonte]- Locucións
- Caer coma un peixe: caer inesperadamente.
- Meter peixe a bordo: comer moito e con ganas [1].
- Nin rabo de peixe: non quedar nada, non ter nada.
- Ser bo peixe: ser pouco de fiar ou malo de controlar.
- Un peixe gordo: persoa moi importante, de influencia.
- Refraneiro
- A auga para os peixes; para os homes, viño a feixes [2].
- A carne carne cría, e o peixe, auga fría [2].
- A muller do mariñeiro, cando hai peixe ten diñeiro [2].
- Cesta patela, arrumba máis que leva [2][3].
- Chuvia de morriña, nin peixes nin fariña [2][4].
- Inda é máis caro o pringue que o peixe [5].
- Mariñeiro que dorme, peixes non colle [2].
- Non hai mellor rede que a que colle o peixe [2].
- Non hai mellor rede que a que pilla o peixe.
- O home e a pesca, ós tres días apesta.
- O peixe de maio, a quen cho pida dallo [2].
- O peixe de maio, nin probalo [2].
- O peixe de maio, que o parta un raio [2].
- O peixe debe nadar tres veces: en auga, en mollo e en viño [2][6].
- O peixe grande sempre come ó pequeno. / Os peixes grandes comen ós pequenos [7].
- O peixeiro trae peixe, o panadeiro trae pan e as trasnadas San Xoán.
- Para mentir e comer pescado, hai que ter moito coidado [2].
- Peixe algareado, cambio de tempo.
- Peixe con ollos, á caixa [2].
- Peixe con ollos, ó caldeiro [2].
- Pola boca morre o peixe [2].
- Quen peixes queira pescar, tense que mollar [2].
- Cantigueiro
- Teño lanchas, teño redes/ e teño peixes no mar,/ teño unha moza bonita,/ xa non quero traballar [8].
A anguía
[editar | editar a fonte]- A anguía en empanada e a lamprea escabechada [9].
O bacallau
[editar | editar a fonte]- A muller que ha de ser boa/ ha de ter o cu de pau,/ a barriga de cortiza/ i o nariz de bacallau [10].
- A muller que ha de ser miña/ ha de te-lo cu de pau,/ a barriga de cortizo/ e os peitos de bacallau [11].
- A muller que ha de ser miña/ ha de ter o cu de pan,/ a barriga de cortizo/ i o nariz de bacallau [12].
- Cantas pedras tes, parede,/ cantos fíos tes no pano,/ home que ten muller fea/ ten bacallau todo o ano [13].
O barbo
[editar | editar a fonte]- Cando o trigo é louro, é o barbo coma un touro.
- Cando o trigo está louro, o barbo é coma un touro [14].
- Cando o trigo está louro, o barbo é coma un touro.
- Mais val pescar no mar linguados, que no río barbos [2].
- O barbo é coma un touro cando o trigo está louro [2].
- O barbo val ouro cando o trigo é louro [2].
- O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio [15].
A boga
[editar | editar a fonte]O budión
[editar | editar a fonte]O cazón
[editar | editar a fonte]- Can do mar, can mariño: cazón [17].
- Refraneiro
O congro
[editar | editar a fonte]- Bébedo coma un congro / máis bébedo ca un congro: moi bébedo.
O coruxo
[editar | editar a fonte]- Curuxa [18].
O escacho
[editar | editar a fonte]- Galo: escacho. Ríos Panisse supón que o nome lles vén das cores vivas e a aleta dorsal que asemella a crista dun galo [18].
- Miñato: escacho (Trigla lucerna) [19].
- Refraneiro
- Ó escacho, polo abril, non hai máis que lle pedir.
- Ós escachos no abril, non hai máis que lle pedir.
A faneca
[editar | editar a fonte]- En xaneiro a faneca sabe a carneiro [2].
A lamprea
[editar | editar a fonte]O linguado
[editar | editar a fonte]- Mais val pescar no mar linguados, que no río barbos [2].
O mero (a cherna)
[editar | editar a fonte]- Das carnes o carneiro, dos peixes o mero, das aves a perdiz e mellor a "codorniz" (paspallás) e se o porco voara a todos lle ganara.
- Das carnes o carneiro, e dos peixes o mero.
- Do mar o mero e da terra o becerro [2].
- Do mar o mero, e da terra o carneiro.
- Dos peixes, o mero; das carnes, o carneiro [2].
O muxe
[editar | editar a fonte]- Corvo: muxe grande, que recibe este nome porque se curva formando unha media lúa [21].
- Pardal do mar: muxe [22].
- Refraneiro
- Cando o trigo é louro, o muge é d'ouro [23].
- Cando o trigo está louro, o múxele vale ouro [14].
- Cando o trigo vai louro, o muxe vale ouro [2].
- Folla na figueira, muxe na ribeira [2][24].
- Cantigueiro
- Senteime a pescar na praia/ con pouquichiña carnada,/ veu un muxe galopín/ deixoume quedar sen nada [2].
O ollomol
[editar | editar a fonte]- A castaña i o besugo, en febreiro están en zugo [25].
- A castaña e o besugo, en febreiro non teñen zugo [2].
- O besugo en xaneiro viste coma un cabaleiro.
- Ollomol de xaneiro vale un carneiro [2].
A pescada
[editar | editar a fonte]- Refraneiro
pescada:
- Cantigueiro
- Para zapateiros, Noia,/ para pescadas, o Son,/ para mozos ¡viva Boiro!/ para borrachos, Cespón [26].
A piarda
[editar | editar a fonte]- Xaneiro piardeiro [2].
A raia
[editar | editar a fonte]- A raia en xaneiro sabe a carneiro.
- En xaneiro a raia val carneiro [2].
- Mentras canta o cuco, non comas raia nin pulpo [27].
- Por ben que che vaia non coma-la raia [2].
- Raia en xaneiro sabe como o carneiro [2].
- Raia pescada en xaneiro sabe a carneiro.
- ¡Roubei unha raia! Polo demo veu, polo demo vaia [2].
O salmón
[editar | editar a fonte]- En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoán para o can.
- O percebe e o salmón, en maio están en sazón [2][28].
Conta a lenda que San Rosendo se impuxo como penitencia un cilicio. Pechouno con chave e botouna no medio do río Eume, prometendo non sacar o cilicio ata que aparecese a chave. Como é natural, por máis que os seus compañeiros a buscaron, non atoparon rastro dela.
Transcorrido un tempo, uns pescadores abriron posada cerca do mosteiro, e un día foron comer alí Rosendo e os seus freires. Puxéronlle á mesa uns salmóns e no que lle tocou a Rosendo apareceu a chave [29].
- Sinonimia
- Peixe de San Pedro: o nome provén da lenda que conta que san Pedro pescou un destes peixes e, ó subilo a bordo, queixouse tan penosamente que o santo decidiu devolvelo ó mar. Para facelo, colleuno cos dedos índice e polgar, deixando as pegadas da presión dos dedos sobre a súa pel, que quedaron formando esas manchas características. Outra lenda conta que san Pedro deixou esas manchas cando suxeitou un peixe co fin de coller da súa boca a moeda que levaba na boca e poder pagar con ela os tributos a Roma.
- Peixe de Samartiño, peixe samartiño, samartiño, sanmartiño: en Galicia, esta mesma lenda atribúese a san Martiño, o que explica que aquí reciba este nome. Outra posible orixe pode ser que este peixe está en sazón no mes de novembro.
- Peixe galo, galo de mar, galo do mar, galo mariño: pola longa aleta dorsal, que lembra a crista dun galo [30].
A sardiña
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: A sardiña na cultura popular galega.
- A muller e a sardiña, canto máis pequena máis fina [2].
- A muller e a sardiña, pequena e escanchadiña [31].
- A muller e a sardiña, pequeniñas [2].
A solla
[editar | editar a fonte]- A solla en abril cóllea na man e déixaa ir [2].
- Cando a figueira ten folla, ten boa comida a solla [6].
- Solla de abril, abre a man e déixaa fuxir [32].
- Solla en abril, abre a man e déixaa ir [33][34].
- Solla de abril, abre as maos e déixaa ir.
A troita
[editar | editar a fonte]- Refraneiro
- A muller e a troita pérdense pola boca [9].
- A muller e a troita préndense pola boca [35].
- A troita, para que guste, ha de tres sete efes: fresca, fría, fiada, frangosa, fea e femia [36].
- Besta de Liñares, mora de Melide, e troita de Furelos, arrenegar de todas as tres como de todos os demos [37].
- Muller costureira e home troiteiro, nin bo arranxo, nin bo palleiro [38].
- Muller costureira e home troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro [39].
- O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio [15].
- Cantigueiro
- A troita que anda no río,/ como se anda revolvendo!/ Esí fan as malas lengoas/ que de mi andan decendo [40].
- A troita que anda no río/ sempre anda de beira en beira;/ agarde, señora troita,/ que vou busca-la chumbeira [41].
- Cálate, boca de troita,/ pelo de cabra tiñosa,/ ollos de pita sarnenta/ i hastra por non ter, es coxa [42].
- Canta tu, cantarei eu,/ miña boquiña de troita,/ por baixo dun burro xema/ quen o meu cantar escoita [43].
- Disme que vou tan velliño/ que non podo cos calzós;/ olla que a troita i o unto/ canto máis vellos, millor [44].
- Pasei a Ponte de Ourense/ e paseina dacabalo;/ vin unha troita no río/ i atireille cun zapato [45].
- Pasei por San Xes cantando,/ pra me ver saíche á porta,/ figuécheste a distraída,/ nena da cara de troita [46].
- Polo río abaixo/ vai unha sartén,/ vai fritindo troitas/ han de saber ben! [47].
- Polo río abaixo vai/ unha troita de pé,/ quen a poidera pillar,/ quen a poidera coller,/ quen a poidera coller,/ quen a poidera pillar,/ polo río abaixo vai/ unha troita a nadar [48].
- Queridiña, donche os ollos,/ tamén me a min don os meus,/ ímolos lavar ao río/ onde a troita lava os seus [49].
- Rosiña, miña Rosiña,/ miña troita do remanso,/ cando te vexo, Rosiña,/ cando te vexo, descanso [50].
- Vaite á merda, vaite á merda,/ cara de troita lambeta/ que na punta do zapato/ levo un corno que che meta [51].
O xurelo
[editar | editar a fonte]- Dame un bocado de pan/ pola nai que te pareu,/ que che hei de dar un xurelo/ cando veña de Bueu [52].
- Lacón con grelos,/ repolo de Betanzos/ e mais xurelos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ramón Anxo Martíns Seixo.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 2,21 2,22 2,23 2,24 2,25 2,26 2,27 2,28 2,29 2,30 2,31 2,32 2,33 2,34 2,35 2,36 2,37 2,38 2,39 Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
- ↑ A patela é a cesta ou caixa de bordo baixo que utilizan as peixeiras para transportar e expoñer o peixe.
- ↑ Chuvia de morriña é o orballo.
- ↑ Saudade.
- ↑ 6,0 6,1 Clodio González Pérez, 145.
- ↑ Conde Tarrío, Germán (2001). Diccionario de refráns. Galaxia. p. 45.
- ↑ Fermín Bouza-Brey, 193.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Clodio González Pérez, 142.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 39. No orixinal: cú.
- ↑ Saudade nº 4, xullo 1943, 28. No orixinal: tel-o, cú.
- ↑ É posible un erro na recollida da cantiga de pan por pau.
- ↑ Fermín Bouza Brey, 189. No orixinal: tés, bacalau.
- ↑ 14,0 14,1 Eladio Rodríguez González, s. v. trigo.
- ↑ 15,0 15,1 Eladio Rodríguez González, s. v. maio.
- ↑ 16,0 16,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cabeza. No orixinal: tí, i a da boga, tua.
- ↑ Ríos Panisse, s. v. can.
- ↑ 18,0 18,1 Ríos Panisse.
- ↑ Ríos Panisse, s. v. miñato.
- ↑ M. Rosario Soto Arias.
- ↑ Juan Cuveiro Piñol.
- ↑ Ríos Panisse, s. v. pardal. Supón que o nome pode deberse ó movemento gregario do peixe, como bandadas de pardais.
- ↑ Recollido xa en 1762 por Frei Martín Sarmiento en Pontevedra, referíndose a que este peixe, o muxe, que en invierno no vale nada y en verano es tan gustoso que en Pontevedra hay este adagio. Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos.
- ↑ Cando comezan a agromar as follas da figueira, os muxes achéganse á costa.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
- ↑ Fermín Bouza Brey, 172. No orixinal: Noya, Són.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v.cuco.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. maio. No orixinal: i o salmón.
- ↑ Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Ed. Galaxia, Vigo 2011, s.v. Salmón.
- ↑ Ríos Panisse, Eladio Rodríguez.
- ↑ Escanchada, de escanchar, significa aberta, esparrada (a sardiña) ou aberta de pernas (a muller). Lino Lema Bouzas, 1.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. abril.
- ↑ Real Academia Gallega 1913, s. v. abril. No orixinal: folla (erro por solla), deixâ.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. abril. No texto: folla.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
- ↑ Apéndice a Eladio Rodríguez González, s. v. troita.
- ↑ J. Leitede Vasconcellos (1845).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. costureira.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 50. No orixinal: mí.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 50. No orixinal: buscala. A chumbeira é un tipo de rede para pescar no río.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 54. No orixinal: és.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 58. No orixinal: tú, cantaréi, de un.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 71.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 128. No orixinal: paséi. Refírese á ponte romana de Ourense, a Ponte Vella. O arco central da ponte foi reconstruída polo bispo Lourenzo (1218-1248), despois de moito tempo de estar caído. Mentres non se arranxou, o Miño cruzábase por dúas barcas, unha do concello, no mesmo lugar da ponte, e outra do Cabido, no Portovello. Xaquín Lorenzo transcribe unha cantiga asturiana que acredita a existencia desas barcas: “Pasé la barca de Orense,/ pasela de madrugada,/ pasela en el mes de enero/ cuando llovía y nevaba”, cantiga que pode falar daquel período de tempo ou ser máis moderna e falar doutra barca que cruzase o río durante momentos de reparacións ou interrupción do paso.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 130. No orixinal: paséi, saiche, distraida. San Xes de Vilariño, parroquia do concello de Lobeira.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 134.
- ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 179. No orixinal: Pol-o.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 138.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 140.
- ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 181. No orixinal: â m... (por eufemismo).
- ↑ No orixinal: Dam'un, pol-a, ch'hei, xurêlo, Buêu.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
- CUVEIRO PIÑOL, Juan: Diccionario Gallego, Barcelona 1876.
- GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
- LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
- Martíns Seixo, Ramón Anxo: "'Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe'. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega", en Cadernos de Fraseoloxía Galega' 15, 2013, 463-486.
- REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
- RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces, Verba anexo 7, Universidade de Santiago 1977.
- MARTÍN SARMIENTO: Obra de 660 pliegos 1762, en Dicionario de Dicionarios.
- SOTO ARIAS, M. Rosario: “Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos”, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.