Monumento a María Pita
Monumento a María Pita | |
---|---|
Monumento a María Pita | |
Presentación | |
Localización | A Coruña |
Dirección | Praza de María Pita |
Tipo | Escultura |
Construción | |
Data da construción | 1998 |
Equipo | |
Escultor | José Castiñeiras Iglesias |
O monumento a María Pita é unha estatua creada polo escultor José Castiñeiras Iglesias dedicada a María Pita e que preside a praza homónima da cidade da Coruña, mirando para a casa do concello. A súa realización e colocación na praza tivo lugar en 1998.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]A obra, fundida en bronce, representa a heroína empuñando a lanza coa que matou o alférez inglés, o irmán do almirante Francis Drake,[2] mentres suxeita coa outra man o corpo sen vida do seu marido, Gregorio de Racamonde. A altura total da obra é de 9,31 metros, composta por unha plataforma de chanzos de 45 cm, un pedestal de 5,56 metros e unha escultura de 3,30 metros. O seu peso é de 30 toneladas.[3]
No pedestal atópase un pebeteiro cunha chama prendida durante todo o día e apagada dende as tres ata as sete da madrugada. A chama simboliza o carácter liberal da xente da Coruña.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]No proxecto de urbanización da praza de 1872 recollíase unha proposta para erguer unha estatua a María Pita, o que foi aceptado polo concello o 9 de setembro do mesmo ano. O 6 de xuño de 1875 propúñase colocar unha fonte monumental. Finalmente, no proxecto de Juan de Ciórraga do 6 de febreiro de 1888, aínda que observando que era posible instalar unha estatua ou unha fonte, preferíase un espazo aberto ou unha gran farola no centro debido á falta dunha gran praza na cidade para "manifestacións e regocixos públicos".[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Volvería a hacer la estatua de María Pita con el mismo estilo»
- ↑ Armesto, Victoria (1971) Galicia feudal p. 14. Editorial Galaxia.
- ↑ Praza de Mª Pita, na páxina web do concello da Coruña
- ↑ coruna.gal (ed.). "Estatua de María Pita na páxina da coruna.gal". Consultado o 10 de xullo de 2024.
- ↑ Martínez Súarez 1993, pp. 64-65
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monumento a María Pita |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Suárez, Xosé Lois. A praza de María Pita. A Coruña (1859-1959). Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. p. 256. ISBN 84-85665-23-6.