Saltar ao contido

Quiosco Alfonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kiosco Alfonso»)
Quiosco Alfonso
Edificio
TipoSala de exposicións
EstiloModernista
EnderezoXardíns de Méndez Núñez 3
15003 A Coruña
Coordenadas43°22′05″N 8°24′04″O / 43.36805, -8.40119
Construción
Inicio1912
Remate1915
Remodelación1926, 1931, 1934, 1982
Equipo
Arquitecto(s)Rafael González Villar
editar datos en Wikidata ]
O Quiosco Alfonso.

O Quiosco Alfonso[1], Kiosco Alfonso[2] ou Quiosco Afonso é unha sala de exposicións da cidade da Coruña. Realiza todo tipo de exposicións, artísticas, informativas, fotográficas, de deseño industrial e gráfico, arquitectónicas, holográficas etc... así como outro tipo de actos, como conferencias, mesas redondas, edicións de catálogos. Está situado en pleno centro da cidade, nos Xardíns de Méndez Núñez

O edificio construíuse na zona en que se situaban os quioscos de refrescos dos Xardíns de Méndez Núñez. Era un pavillón alongado (5×46 metros), semellante aos existentes Pavillón Lino e A Terraza.[3]

Foi deseñado por Rafael González Villar en 1912 en estilo modernista con dous corpos e dúas escaleiras exteriores.[4] Foi inaugurado en 1913. O Quiosco Alfonso recibe o seu nome do rei Afonso XIII, para conmemorar unha visita que fixo á cidade.[2] O mesmo arquitecto realizou a primeira ampliación en 1926,[5] en 1931 o pechamento da terraza da primeira planta coa que desapareceu a fachada orixinal modernista[5] e en 1934 a reforma do primeiro andar.[5]

Ao longo da súa historia foi café, sala de espectáculos e cine. Dende 1982 é sala de exposicións municipal, para o que se fixo unha nova reforma por parte de Xosé Manuel Casabella.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]