Franco belga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franco belga †
Belgische frank, Franc belge, Belgischer Franken en neerlandés, francés e alemán respectivamente
Belgian coin of 1 franc Albert II in Dutch - reverse.TIF
Código: BEF
Ámbito: Bélxica Bélxica
Luxemburgo Luxemburgo
Símbolo: Fr.
Fracción: 100 céntimos
Moedas: 50 céntimos
1, 5, 20, 50 Francos
Billetes: 100, 200, 500, 1.000, 2.000, 10.000 Francos
Emisor: Banco Nacional de Bélxica
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 40.3399 BEF
Oficial até o 28-02-2002

O franco belga (con código BEF segundo a norma ISO 4217) foi a moeda oficial en Bélxica ata a entrada en vigor do euro no ano 2002. A taxa de conversión é 1 € = 40,3399 Francos Belgas.

Historia[editar | editar a fonte]

A conquista de moitos países da Europa Occidental polas tropas napoleónicas fixo que o franco francés circulase amplamente por estes territorios. En Flandres o franco substituíu ao thaler, que á súa vez foi substituído polo florín holandés cando se formou o Reino Unido dos Países Baixos.

Tras independizarse de Holanda, o novo Reino de Bélxica adoptou o seu propio franco en 1832, equivalente ao franco francés. Posteriormente seguíronlle Luxemburgo en 1848 e Suíza en 1850. Italia, xa unificada, adoptou a lira cunha base similar á de 1862.

En 1865, Francia, Bélxica, Suíza e Italia crearon a Unión Monetaria Latina, á que se unirían Grecia e España en 1868. Cada país tería a súa propia moeda cun valor de 4,5 g de prata ou 290,322 mg de ouro, todas intercambiables entre si. Na década dos 70 o valor do ouro fixo que a situación mantivésese estable ata 1914.[1]

En 1926 Bélxica, do mesmo xeito que Francia, experimentou unha depreciación e un descenso do consumo, seguidos da introdución dunha nova divisa de ouro para transaccións internacionais, o belga, equivalente a 5 francos, polo que o país abandonou a unión monetaria que deixou de existir a finais do mesmo ano. O belga fixou a súa paridade coa libra esterlina cunha taxa de cambio de 35 belgas (175 francos) por libra, polo tanto creouse un novo patrón de ouro de 1 belga = 209,211 mg de ouro. Con todo a unión belga-luxemburguesa mantívose en 1921, establecendo as bases para unha unión económica plena en 1932. En 1935 o franco belga depreciouse un 28% ata os 150,632 mg de ouro e a paridade entre os francos belga e luxemburgués revisouse a 1 LUF = 1¼ BEF.

Trala ocupación alemá en maio de 1940, o franco fixouse á moeda alemá, cun valor de 0,10 pfennig, que se reduciron a 0,08 pfennig en xullo. Trala liberación en 1944, o franco uniuse aos Acordos de Bretton Woods, cun cambio inicial de 43,77 BEF = 1 USD establecido o 5 de outubro. Esta taxa cambiouse a 43,8275 BEF en 1946 e despois a 50 BEF trala depreciación de líbraa esterlina en setembro de 1949. A última depreciación que sufriu o franco belga foi en 1982.

Linguas[editar | editar a fonte]

Inicialmente as moedas e os billetes tiñan a súa denominación en francés. Con todo, as moedas coa denominación en holandés apareceron en 1869. Algunhas acuñacións posteriores levan as lendas en ambas as linguas.[1] Cando os dous idiomas aparecían na mesma cara dunha moeda, acuñábanse dúas versións distintas: unhas coa denominación en francés na dereita e en holandés á esquerda, e viceversa. Os primeiros billetes bilingües apareceron ao redor de 1880, e ata 1992 introduciuse o alemán nas denominacións. Algunhas acuñacións de moedas conmemorativas levan tamén o idioma alemán na denominación.[1]

Moedas[editar | editar a fonte]

Series de Balduíno I
Imaxe Denominación Metal Canto Diámetro
(mm)
Peso
(g)
Anverso Reverso
1 Franco Cu+Ni Liso 18,00 2,75 Balduíno I - BOUDEWIJN
Balduíno I - BAUDOUIN
1 F - Corona - BELGIË - ano de acuñación
1 F - Corona - BELGIQUE - ano de acuñación
5 Francos Cu+Ni+Zn Liso 24,00 5,50 Balduíno I 5 F - BELGIË - ano de acuñación
5 F - BELGIQUE - ano de acuñación
20 Francos Cu+Zn Liso 25,65 8,50 Balduíno I 20 F - BELGIË - Rama de olivo - ano de acuñación
20 F - BoGIQVE - Rama de olivo - ano de acuñación
50 Francos Cu+Ni Estriado 22,75 7,00 Balduíno I 50 F - BELGIË - ano de acuñación
50 F - BELGIQUE - ano de acuñación
Series de Alberte II
Imaxe Denominación Metal Canto Diámetro
(mm)
Peso
(g)
Anverso Reverso
Belgian coin of 1 franc Albert II in French - reverse.jpg 1 Franco Cu+Ni Liso 18,00 2,75 Alberte II - ALBERT II 1 FRANK - BELGIË - ano de acuñación
1 FRANC - BELGIQUE - ano de acuñación
Belgian coin of 5 francs Albert II in French - reverse.TIF 5 Francos Cu+Ni+Zn Liso 24,00 5,50 Alberte II - ALBERT II 5 FRANK - BELGIË - ano de acuñación
5 FRANCS - BELGIQUE - ano de acuñación
Belgian coin of 20 francs Albert II in Dutch - reverse.TIF 20 Francos Cu+Zn Liso 25,65 8,50 Alberte II - ALBERT II 20 FRANK - BELGIË - ano de acuñación
20 FRANCS - BELGIQUE - ano de acuñación
Belgian coin of 50 francs Albert II in Dutch - reverse.TIF 50 Francos Cu+Ni Estriado 22,75 7,00 Alberte II - ALBERT II 50 FRANK - BELGIË - ano de acuñación
50 FRANCS - BELGIQUE - ano de acuñación

Billetes[editar | editar a fonte]

Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Color predominante Dimensiones Anverso Reverso
Belgian 100 francs front.jpg Belgian 100 francs back.jpg 100 Francos Vermello 139 x 76 mm 100 - HONDERD FRANK - James Ensor - Máscaras de teatro - NATIONALE BANK VAN BELGIE 100 - CENT FRANCS - HUNDERT FRANKEN - Compañía teatral - BANQUE NATIONALE DE BELGIQUE - BoGISCHE NATIONALBANK
BEL-200f-anv.jpg BEL-200f-rev.jpg 200 Francos Amarelo 144 x 76 mm 200 - DEUX CENTS FRANCS - Adolphe Sax - Saxofón e notas musicais - BANQUE NATIONALE DE BELGIQUE 200 - TWEEHONDERD FRANK - ZWEIHUNDERT FRANKEN - Músicos tocando o saxo - NATIONALE BANK VAN BELGIE - BELGISCHE NATIONALBANK
BEL-500f-anv.jpg BEL-500f-rev.jpg 500 Francos Azul 149 x 76 mm 500 - CINQ CENTS FRANCS - René Magritte - Árbol e follas - BANQUE NATIONALE DE BELGIQUE 500 - VIJFHONDERD FRANK - FÜNFHUNDERT FRANKEN - "o fillo do Home" de Magritte - NATIONALE BANK VAN BELGIE - BoGISCHE NATIONALBANK
BEL-1000f-rev.jpg 1.000 Francos Marrón 154 X 76 mm 1000 - DUIZEND FRANK - Constant Permeke - Veleiro - NATIONALE BANK VAN BELGIE 1000 - MILLE FRANCS - TAUSEND FRANKEN - BANQUE NATIONALE DE BELGIQUE - BELGISCHE NATIONALBANK
BEL-2000f-anv.jpg BEL-2000f-rev.jpg 2.000 Francos Violeta 159 x 76 mm 2000 - TWEEDUIZEND FRANK - Victor Horta - NATIONALE BANK VAN BoGIE 2000 - DEUX MILLE FRANCS - ZWEITAUSEND FRANKEN - elementos arquitectónicos da Casa Horta - BANQUE NATIONALE DE BELGIQUE - BELGISCHE NATIONALBANK
BEL-10000f-anv.jpg BEL-10000f-rev.jpg 10.000 Francos Gris 169 x 76 mm 10000 - DIX MILLE FRANCS - Alberte II e Paola de Bélxica - Mapa de Bélxica e hemiciclo - BANQUE NATIONALE DE BELGIQUE 10000 - TIENDUIZEND FRANK - ZEHNTAUSEND FRANKEN - NATIONALE BANK VAN BELGIE - BELGISCHE NATIONALBANK

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "1830-1914: a young nation’s coins and notes". National Bank of Belgium. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2014. Consultado o 9 de maio de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]