Tony Blair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tony Blair
Datos persoais
Nacemento6 de maio de 1953
 Edimburgo
OrganizaciónPartido Laborista
PaiLeo Blair
NaiHazel Elizabeth Rosaleen Corscaden
CónxuxeCherie Blair
FillosEuan Blair, Nicholas Blair, Kathryn Blair e Leo George Blair
Alma máterSt John's College, Fettes College, City Law School, Chorister School e St. Peter's Boys School
ProfesiónBarrister
RelixiónIgrexa católica e Igrexa Anglicana
Na rede
http://www.tonyblairoffice.org/ e https://institute.global/
IMDB: nm0086363 Twitter: InstituteGC Musicbrainz: a4df2b55-be07-425f-ae67-55fb94da955c Discogs: 220878 WikiTree: Blair-1361 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Anthony Charles Lynton Blair, nado en Edimburgo o 6 de maio de 1953, foi Primeiro Ministro do Reino Unido dende o 2 de maio de 1997 ata o 27 de xuño do 2007, cando dimitiu e foi sucedido por Gordon Brown.

É o único político laborista que foi tres veces consecutivas elixido como Primeiro Ministro. Durante estas tres lexislaturas, levou ó Reino Unido a catro conflitos internacionais: Kosovo, Serra Leona, Afganistán e Iraq.

Dentro do seu partido, foi líder da corrente denominada "Novo Laborismo", que defende a economía de mercado fronte á postura tradicional, centrada na nacionalización dos servizos. Isto fixo que fora o branco de moitas críticas dentro do seu partido, xa os seus ideais víanse máis achegados ao Partido Conservador que ao Partido Laborista.

Vida[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Tony Blair naceu o 6 de maio de 1953 no Queen Mary Maternity Home na cidade de Edimburgo, Escocia fillo de Leo e Hazel Blair (nada Corscadden). Tony Blair ten dous irmáns, William Blair, o máis vello, quen traballa como barrister no Queen's Counsel, e unha irmá máis nova chamada Sarah. Blair pasou os primeiros 19 meses da súa vida no fogar familiar de Paisley Terrace na área de Willowbrae en Edimburgo. Durante este período, o seu pai traballou como inspector fiscal subalterno ao mesmo tempo que estudaba Dereito na Universidade de Edimburgo. Durante os anos 50 a súa familia viviu tres anos e medio na cidade de Adelaida, Australia, onde o seu pai era profesor de Dereito na Universidade de Adelaida. Os Blairs vivían preto da universidade, no arrabal de Dulwich.

A finais da década dos 50 a familia volveu á Gran Bretaña, vivindo durante unha tempada na casa do padrastro e da nai de Hazel Blair en Stepps, preto da cidade de Glasgow. Máis adiante a familia mudouse a Durham, Inglaterra, onde o seu pai traballou como profesor na Universidade. Alí Tony Blair pasou o resto da súa infancia. Entre 1961 e 1966, Blair cursou os seus estudos en Durham, en 1966 foi enviado ao internado Fettes College, un importante internado de Edimburgo. Alí coñeceu a Charlie Falconer (a pupil at the rival Edinburgh Academy), whom he later appointed Lord Chancellor. He reportedly modelled himself on Mick Jagger.[15] His teachers were unimpressed with him: his biographer, John Rentoul reported that, "All the teachers I spoke to when researching the book said he was a complete pain in the backside, and they were very glad to see the back of him".[16] Blair was arrested at Fettes, having being mistaken for a burglar as he climbed into his dormitory using a ladder, after being out late.[17]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Pouco despois de se graduar, en 1975, Blair uniuse ó Partido Laborista. A principios da década dos 80, intentou infrutuosamente ser proposto candidato por Hackney Borough. Despois, e tras ser candidato por un lugar tipicamente conservador, perdeu as eleccións, pero logrou alcanzar algo de fama dentro do partido.

En 1983, Blair ocupou, por fin, un lugar dentro da Cámara dos Comúns.

Na oposición[editar | editar a fonte]

O ascenso de Blair no seu partido despois da súa chegada ó Parlamento foi rápido. En 1988 pasou a formar parte do Shadow Cabinet (o grupo composto polos homes máis importantes da oposición), encargándose da enerxía.

Grazas a numerosas accións e á axuda de Peter Mandelson, pronto acadou grande importancia. Non obstante, o seu primeiro gran discurso (en outubro de 1990), no que falou demasiado rápido, acabou sendo un verdadeiro desastre.

Tralas eleccións de 1992, nas que o seu partido perdeu outra vez, Blair pasou a ocupar un posto máis importante no Shadow Cabinet baixo o liderado de John Smith. Trala súa morte, Blair foi elixido líder do partido en 1994.

Conversión ao catolicismo[editar | editar a fonte]

O 21 de decembro do 2007, trala súa retirada da política, Tony Blair, actual enviado especial do Cuarteto de Madrid para Oriente Medio, abandonou o anglicanismo para converterse ao catolicismo, a mesma fe profesada pola súa dona, Cherie Blair[1].

O desexo de Blair de converterse á fe católica foi un segredo a voces durante anos. Se non ocorreu durante os seus dez anos no número 10 de Downing Street foi, segundo a prensa británica, porque resultaría polémico xa que, en interpretación dalgúns expertos, a Lei de Emancipación (relixiosa) de 1829, que deu plenos dereitos civís aos católicos, impide a un membro desa relixión ser primeiro ministro.

Tamén crearía un conflito desde o punto de vista da Igrexa Anglicana xa que o primeiro ministro é quen elixe aos bispos desta confesión.

Primeiro Ministro[editar | editar a fonte]

Primeira lexislatura (1997-2001)[editar | editar a fonte]

Tony Blair e Bill Clinton en Florencia, Italia o 20 de novembro de 1999

Nas eleccións de 1997, o Partido Laborista gañou con grande diferenza sobre o Partido Conservador (acadou o 66% dos escanos da Cámara dos Comúns) e Blair converteuse en Primeiro Ministro do Reino Unido.

As primeiras políticas que tomou foron:

  • A dotación de independencia ó Banco de Inglaterra, que deixaba de depender dos vaivéns políticos.
  • Reformas do Parlamento. En primeiro lugar, Blair substituíu os dous períodos de 15 minutos nos que se lle preguntaba ó Primeiro Ministro por un só de media hora. Tamén introduciu unha conferencia de prensa mensual, e déuselle máis importancia ó Portavoz Oficial do Primeiro Ministro.
  • Durante a primeira lexislatura, un dos principais logros de Blair foi o asinamento do tratado de Belfast, co que se garantiu unha certa estabilidade en Irlanda do Norte
  • Introducíronse novas leis, relativas ós Dereitos Humanos, ás rexións (estableceuse unha Asemblea para Gales e un Parlamento para Escocia), reduciuse o número de persoas que dispoñían dun posto no Parlamento por herdanza, creouse unha macro-Área Metropolitana en Londres, apareceu unha lei a favor da liberade de información etc.
  • Internacionalmente, o Reino Unido entrou na guerra de Kosovo. Blair foi un dos seus principais impulsores dentro da OTAN

Segunda lexislatura (2001-2005)[editar | editar a fonte]

Visita de Blair á Casa Branca o 16 de abril do 2004

Os resultados das eleccións de 2001 foron practicamente iguais que os de 1997. De feito, 620 dos 641 asentos do Parlamento permaneceron nas mesmas mans. A vitoria de Blair, pois, foi cómoda[2].

Esta lexislatura viuse marcada, máis que calquera outra cousa, polos atentados do 11 de setembro de 2001. Blair aliñouse cos Estados Unidos a favor da loita contra o terrorismo; con eles, atacaron Afganistán ese mesmo ano.

En 2003, Blair levou ó seu país, xunto cos Estados Unidos e outro número de países, á Guerra de Iraq. Baseouse nas Armas de destrución masiva, ó igual có seu homólogo estadounidense, que dicía tiña Iraq (a día de hoxe, aínda non se atoparon).

Un terzo do Exército do Reino Unido de Terra acudiu á ínvasión de Iraq. Os desastres ocorridos dende entón afectaron moi seriamente á imaxe pública de Blair dentro do seu país.

En canto á política doméstica, continuáronse as políticas da primeira lexislatura. Subíronse os impostos para mellora-la educación e o sistema sanitario; en Irlanda do Norte, os problemas co IRA proseguiron; convocouse un referendo respecto da Constitución Europea que nunca se chegou a celebrar. Blair tomou políticas a favor do Protocolo de Kioto e contra o cambio climático.

Pero tamén houbo problemas. Blair foi sometido a unha moción de censura e sufriu complicacións na saúde (problemas no corazón que o obrigaron a poñer un catéter).

Terceira lexislatura (2005-2007)[editar | editar a fonte]

Tony Blair e os líderes do G8 na reunión de Gleneagles, Escocia, o 7 de xullo do 2005

Nas eleccións de 2005, o apoio ó laborismo foi máis reducido que nas dúas anteriores, probablemente pola Guerra de Iraq[3].

Así e todo, o partido de Blair gañou de novo as eleccións. A política internacional ten marcado este mandato ata a actualidade. Os conflitos na UE (polo rexeitamento da Constitución Europea[4] e polo coñecido como cheque británico) saldáronse con bos resultados por parte do Goberno británico.

O 6 de xullo de 2005, anunciábase en Singapur que os Xogos Olímpicos de 2012 ían ter lugar en Londres[5]. Apenas un día máis tarde, o 7 de xullo, tiña lugar un masacre terrorista nesta mesma cidade, a través dunha serie de atentados no metro e no autobús, no que morreron cincuenta e seis persoas e sobre setecentas quedaron feridas[6]. Pouco despois ese mes, o 21 de xullo, volvía a haber atentados na mesma cidade[7]. Isto tivo efectos diversos na opinión sobre Blair. Por un lado, moitos creron que eses atentados eran consecuencia da actuación británica en Iraq; por outro, a meirande parte dos británicos aprobaron a xestión que fixera Blair neses momentos de crise.

En novembro do 2005, viu derrotado na Cámara dos comúns (ao non recibir o apoio de tódolos membros do seu partido) o seu proxecto de lei antiterrorista para aumentar a 90 días o período de detención preventiva de sospeitosos de terrorismo. Diversos escándalos relacionados con algúns dos seus ministros, así como o que destapou presuntas irregularidades no financiamento do Partido Laborista, puxeron ao seu goberno nunha situación difícil en abril do 2006. Horas despois de que o laborismo sufrise unha severa derrota nas eleccións locais celebradas en Inglaterra o 4 de maio dese mesmo ano[8], Blair efectuou unha reestruturación do seu gabinete[9], que, entre outros cambios, supuxo o acceso de Margaret Beckett a Asuntos Exteriores (substituíndo a Jack Straw) e de John Reid a Interior, anunciando a súa retirada o 9 de maio do 2007[10].

O 27 de xuño do 2007 dimitiu como Primeiro Ministro, sendo sucedido por Gordon Brown[11][12]. Tamén dimitiu como membro da Cámara dos Comúns, e foi proposto como "enviado para a paz" ao Oriente Medio[13], representando á Unión Europea, os Estados Unidos, Rusia e as Nacións Unidas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.galiciae.com/nova/4329.html?lang=gl Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Tony Blair confirma a súa conversión ao catolicismo
  2. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/06/08/604241.shtml?idioma=galego Arquivado 11/03/2016, en Wayback Machine. Hague, decepcionado polo resultado das urnas, dimite como líder dos «tories»
  3. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/06/12/100000050768.shtml?idioma=galego[Ligazón morta] Tony Blair recibe un duro castigo nas urnas pola invasión de Iraq
  4. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/06/03/3787426.shtml?idioma=galego[Ligazón morta] A «vía Blair» para relegar a Unión a un mero mercado
  5. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/07/06/3877433.shtml?idioma=galego Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. Londres acaba co soño olímpico de Madrid 2012
  6. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/07/07/3881499.shtml?idioma=galego Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. Catro bombas provocan 56 mortos en Londres
  7. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/07/21/3918021.shtml?idioma=galego Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Catro bombas de escasa potencia devolven o terror e o caos a Londres
  8. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/05/05/4747606.shtml?idioma=galego Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. O «tory» Cameron aparece como o gran vencedor dos comicios
  9. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/05/05/4747607.shtml?idioma=galego[Ligazón morta] Cambios no Goberno de Blair
  10. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/05/09/5790749.shtml?idioma=galego[Ligazón morta] Do grupo de rock ao trío dos Azores
  11. http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/politics/6245682.stm Brown is UK's new prime minister (Inglés)
  12. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/06/26/5931979.shtml?idioma=galego Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. O último día dun primeiro ministro
  13. http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/politics/6244358.stm Blair appointed Middle East envoy (Inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
John Major
Primeiro Ministro do Reino Unido
1997 - 2007
Sucesor:
Gordon Brown