Lira sanmarinesa
Aparencia
Lira sanmarinesa † | |
---|---|
Lira sammarinese en italiano | |
Código: | SML |
Ámbito: | San Marino Italia Cidade do Vaticano |
Símbolo: | ₤, £, L |
Fracción: | 100 centesimi |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500, 1000 SML |
Emisor: | |
Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 1.936,27 SML |
A lira sanmarinesa (en italiano: lira sammarinese, plural: lire sammarinesi) foi a divisa oficial de San Marino desde 1865 até a introdución do euro en 2002. O seu valor estaba ligado ao da lira italiana.
A lira sanmarinesa tiña valor legal en San Marino xunto coa lira italiana e a lira vaticana, ademais de ser de curso legal en toda Italia e na Cidade do Vaticano. San Marino, aínda non formando parte da Unión Europea, grazas aos acordos financeiros con Italia, pasou ao euro no ano 2002. O país pode, por tanto, acuñar as súas propias moedas de euro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lira sanmarinesa |