Jacques Delors
Jacques Lucien Jean Delors, nado o 20 de xullo de 1925 en París, e finado tamén na mesma cidade o 27 de decembro de 2023, foi un político francés que presidiu a Comisión Europea durante unha década a finais do século XX.
Biografía
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Delors naceu en París. Estudou na Universidade de París. De orixes humildes, Delors foi funcionario do Banco de Francia en 1945, após a fin da Segunda guerra mundial.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 1941, casou con Marie Lephaille; xuntos tiveron unha filla, Martine Aubry (nada en 1950), tamén política, que foi alcaldesa de Lille e primeira secretaria do Partido Socialista.[1] Declinou participar nas eleccións xerais francesas.
Cargos e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi o oitavo presidente da Comisión Europea de 1985 a 1995.
Foi ministro de Facenda de 1981 a 1984. Foi deputado no Parlamento Europeo de 1979 a 1981.[2]
En 1989 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.
En 1995 foi o 1º galardoado do Premio Europeo Carlos V da Fundación Academia Europea de Yuste.
Entre 1993 e 1996 a UNESCO encargou a Delors un estudo sobre a perspectiva da educación no mundo de cara ao século XXI. Este informe titulouse A educación encerra un tesouro.[3]
En 1998 recibiu da Generalitat de Cataluña o Premio Internacional Cataluña.
En 1999 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade do Porto (tamén o foi pola Universidade de Salamanca, Louvain, e outras).
En 2015, Donald Tusk anunciou que Delors se convertería na terceira persoa en ter o título de Cidadán de Honra de Europa "pola súa notable contribución ao desenvolvemento do proxecto europeo".[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lille Mayor". citymayors.com (en francés).
- ↑ "The Commissioners - Profiles, Portfolios and Homepages". ec.europa.eu. Consultado o 2022-05-18.
- ↑ Franco, Francisco Javier Fernández. "Unesco, Informe Delors, La educación encierra un tesoro, 1996". QVadis (en castelán). Consultado o 2022-05-18.
- ↑ "Tusk-invitation-letter-European-Council/". consilium.europa.eu (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jacques Delors |
| A Galicitas posúe citas sobre: Jacques Delors |
- Delors dirixíndose aos sindicatos británicos
- O famoso titular de The Sun no Reino Unido: "Up Yours Delors"