Moeda de 2 euros
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5e/Piece_Comm-2Euro_%28pile%29.jpg/220px-Piece_Comm-2Euro_%28pile%29.jpg)
A moeda de 2 euros, cuñada polos Estados membros da Eurozona como moeda de curso legal neses países, está formada por unha zona interior de níquel-latón e unha zona exterior de cuproníquel. Ten un diámetro de 25,75 mm, un grosor de 2,20 mm e un peso de 8,50 gramos. O seu bordo é estriado fino cunha inscrición gravada propia de cada estado.
Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997. Este reverso común tivo un pequeno axuste en 2007.[1][2]
Os cantos
[editar | editar a fonte]Estado | Inscrición no canto | Descrición |
---|---|---|
Alemaña | ![]() |
"EINIGKEIT UND RECHT UND FREIHEIT" (Unidade e Xustiza e Liberdade), lema nacional alemán e o principio do seu himno. |
Austria | ![]() |
"2 EURO ★★★" catro veces alternándose cara a arriba e cara a abaixo. |
Bélxica, Francia, Irlanda, Luxemburgo, Mónaco, España | ![]() |
"2 ★ ★" seis veces alternándose Cara a arriba e cara a abaixo. |
Chipre | ![]() |
"2 EURO 2 ΕΥΡΩ" dúas veces. (2 EURO en grego e turco). |
Finlandia | ![]() |
"SUOMI FINLAND" con tres cabezas de león (SUOMI significa Finlandia en finés, e FINLAND significa Finlandia en sueco, os dous idiomas oficiais de Finlandia). |
Grecia | ![]() |
"ΕΛΛΗΝΙΚΗ ΔΗΜΟΚΡΑΤΙΑ ★" (ELLENIKI DEMOKRATIA: "REPÚBLICA HÉLENICA" en grego). |
Italia, San Mariño, Cidade do Vaticano | ![]() |
"2 ★" seis veces alternándose cara a arriba e cara a abaixo. |
Malta | ![]() |
"2✠✠" repítese seis veces alternándose cara a arriba e cara a abaixo. |
Países Baixos | ![]() |
"GOD ★ ZIJ ★ MET ★ ONS ★" (DEUS ESTE CON NOS en neerlandés). A inscrición tamén aparecía nos floríns neerlandeses. |
Portugal | ![]() |
O bordo mostra os sete castelos e os cinco escudos de armas, que tamén se encontran na cara específica da moeda. |
Eslovaquia | ![]() |
"SLOVENSKÁ REPUBLIKA" (REPÚBLICA ESLOVACA en eslovaco) con dúas estrelas e unha folla de tilia. |
Eslovenia | ![]() |
"SLOVENIJA ●" (ESLOVENIA en esloveno) |
Caras actuais
[editar | editar a fonte]Nota: o deseño da moeda de Francia é tamén coñecido como l'Hexagone, debido á súa forma que lembra un hexágono.
Caras antigas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Types of euro coins: common sides". European Commission.
- ↑ "Luc Luycx a dessiné l'€". En DH.be.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda de 2 euros |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|