Público (España)
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Público | |
---|---|
Logotipo e cabeceira do diario dixital Público.es | |
Tipo | Periódico dixital |
Fundación | 26 de setembro de 2007 |
Empresa editora | Display Connectors, SL. Anterior: Mediapubli, do grupo Mediapro |
Director | Virginia Pérez Alonso[1](dec. 2019)
Directores anteriores: Ana Pardo de Vera (setembro 2016)Carlos Enrique Bayo (xuño de 2012) Jesús Maraña (marzo 2010) Félix Monteira (xaneiro 2009) Nacho Escolar (setembro 2007) |
Fundador | Jaume Roures, Tatxo Benet e Toni Cases Propieterios actuais: Toni Cases (40%) José Luis de Zárraga (10%) José María Crespo (10%), administrador único Emilio Arrojo (10%) Mediacable Servicios de Producción SL (10%) Multiax-Invera SL (10%) Tatxo Benet (5%) Jaume Roures (5%) |
Tendencia | Progresista |
Lingua | Castelán |
Localidade | Madrid |
Ámbito | Nacional |
Prezo | Acceso na web, gratuíto |
Tiraxe | 7.592.279 lectores únicos ó mes (online)[2] |
Seccións | Portada, Política, Opinión, Internacional, Economía, Sociedade, España, Ciencias, Públic, Cultura, Deportes, Actualidade, Fotogalerías, Público TV, Videos, Tremending. |
Na rede | |
http://www.publico.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Público é un xornal español editado en castelán (e catalán en Cataluña) e pertencente ó grupo Mediapro, presidido por Jaume Roures. O diario ten a súa sede en Madrid e é de ámbito español.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O xornal viu a luz por primeira vez o 26 de setembro de 2007. O seu prezo de venda inicial foi de 0.50 euros de luns a xoves e de 1 euro os venres, sábados e domingos.
O seu logotipo é o nome completo do xornal tipografado en cor vermella acompañado á súa dereita da reprodución dunha acuarela de Miquel Barceló realizada para o xornal, que contén á parte de público a pé tamén unha bicicleta pública.
A orientación ideolóxica do diario encádrase dentro da esquerda e marca como obxectivos contribuír, a través da información e da opinión, a unha sociedade máis xusta, aberta, equitativa, solidaria e libre[Cómpre referencia].
O 3 de xaneiro de 2012 anunciou a súa creba técnica, suspensión de pagamentos, e concurso de acredores[3]. Naquela altura vendía 87.000 exemplares diarios e era lido por algo menos de 300.000 persoas.
Persoal
[editar | editar a fonte]O xornal estivo nun principio dirixido por Ignacio Escolar, sendo o subdirector Jesús Maraña e o director xeral Juan Pedro Valentín. En 2009 Escolar foi substituído na dirección polo ponferradino Félix Monteira, aínda que o primeiro seguiu a traballar para o xornal, onde mantivo unha columna de opinión e máis unha ligazón directa ao seu blog. En marzo de 2010 Monteira foi substituído por Jesús Maraña.
Os seus redactores xefes son Manuel Rico en Nacional, Íñigo Sáenz de Ugarte en Internacional, Amparo Estrada en economía, Patricia Fernández de Lis en ciencia, Nacho Rojo en Internet, Peio Hernández Riaño en culturas e José Miguélez en deportes.
A sección de Opinión contou con columnistas provenientes tanto do xornalismo como é o caso de Javier Ortiz, Manuel Saco ou Enrique Meneses, como do mundo da cultura como Rafael Reig, Espido Freire, Isaac Rosa, Camilo José Cela Conde, José Antonio Labordeta ou o Gran Wyoming.
Os viñetistas que colaboraron no xornal foron entre outros Mauro Entrialgo, Santi Orúe, Manel Fontdevila, Pepe Medina e Bernardo Vergara, todos eles colaboradores tamén da revista de humor El jueves.