Economía de Portugal
| Economía de Portugal | ||
|---|---|---|
| Moeda | Euro | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, e outras | |
| Datos estatísticos Fonte:CIA Arquivado 19 de maio de 2020 en Wayback Machine. | ||
| PIB | US$ 232 mil millóns (2007) | |
| PIB (posición) | 45ª no mundo | |
| % de crecemento PIB | 1,9% (2007) | |
| PIB per cápita | US$ 22 677 (2006) | |
| PIB por sector | agricultura 7,9%, industria 25,9%, comercio e servizos 66,2% (2007) | |
| Inflación anual | 2,4% (2007) | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | dato non dispoñíbel | |
| Total da forza de traballo | 5,62 millóns (2007) | |
| % traballadores por sector | agricultura 10%, industria 30%, comercio e servizos 60% (2001) | |
| Desemprego | 8% (2007) | |
| Parcerías comerciais [1] Arquivado 19 de maio de 2020 en Wayback Machine. | ||
| Exportacións (US$) | 50,72 mil millóns f.o.b. (2007) | |
| Principais produtos exportados | roupas e calzados, máquinas, produtos químicos, cortiza, produtos de papel, coiro | |
| Principais mercados | España 26,5%, Alemaña 12,9%, Francia 12%, Reino Unido 6,7%, USA 6,1% (2006) | |
| Importacións (US$) | 72,19 mil millóns (2007) | |
| Principais parceiros | España 29%, Alemaña 13,1%, Francia 8,1%, Italia 5,6%, Países Baixos 4,4% (2006) | |
| Finanzas públicas [2] Arquivado 19 de maio de 2020 en Wayback Machine. | ||
| Débeda externa | US$ 415,5 mil millóns (2007) | |
| Receitas (US$) | 92,35 mil millóns | |
| Despesas (US$) | 99,59 mil millóns | |
| Axuda económica doada (US$) | 271 millóns (1995) | |
Ao longo dos últimos 40 anos Portugal foi o país da OCDE cunha maior taxa de crecemento do PIB, coa excepción da Irlanda (fonte: OCDE).
Sendo adherido á Unión Europea en 1986, o país iniciou entón un período de fortes reformas e de elevados investimentos en infra-estruturas que se reflectirán nunha rápida aceleración do crecemento económico. Entre 1970 e 2003 o PIB 'per cápita' medido en PPP (Paridade do Poder de Compra) creceu de pouco máis do 50% para preto do 70% do mesmo indicador para a media da Unión Europea (fonte: OCDE).
Portugal foi dos primeiros países seleccionados para a fase final da Unión Económica e Monetaria, iniciando a introdución do Euro como moeda a partir de 1 de xaneiro de 1999 (a circulación de billetes e moedas iniciouse o 1 de xaneiro de 2002). A participación no Euro obriga o país ao cumprimento das regras do Pacto de Estabilidade e Crecemento, obrigando ao control das contas públicas e da inflación, mais asegurando ao país niveis mínimos históricos da inflación.
Actualmente a estrutura da economía baséase nos servizos e na industria, que representan o 67,8% e o 28,2% do VAB (Fonte: INE, 2004).
Moeda
[editar | editar a fonte]Desde o 1 de xaneiro de 2002 o euro (EUR) substituíu o escudo (PTE). A taxa de conversión é de 1 Euro = 200,482 escudos.