Carlo Azeglio Ciampi
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1920 ![]() Livorno (Reino de Italia) ![]() |
Morte | 16 de setembro de 2016 ![]() Roma, Italia ![]() |
Causa da morte | pneumonía ![]() |
Lugar de sepultura | Cimitero della Misericordia (en) ![]() ![]() |
Senador vitalicio | |
15 de maio de 2006 – 16 de setembro de 2016 (finado no cargo) | |
10º Presidente de Italia | |
18 de maio de 1999 – 15 de maio de 2006 ← Oscar Luigi Scalfaro – Giorgio Napolitano → | |
Minister of the Treasury, Budget and Economic Planning (en) ![]() | |
22 de outubro de 1998 – 21 de decembro de 1999 Membro do gabinete: D'Alema I Cabinet (en) ![]() | |
Minister of the Treasury, Budget and Economic Planning (en) ![]() | |
1 de xaneiro de 1998 – 20 de outubro de 1998 Membro do gabinete: Prodi I Cabinet (en) ![]() | |
Minister of the Treasury of Italy (en) ![]() | |
17 de maio de 1996 – 31 de decembro de 1997 Membro do gabinete: Prodi I Cabinet (en) ![]() | |
Minister of Budget (en) ![]() | |
17 de maio de 1996 – 31 de decembro de 1997 Membro do gabinete: Prodi I Cabinet (en) ![]() | |
Ministro do Interior de Itália (pt) ![]() | |
19 de abril de 1994 – 11 de maio de 1994 ← Nicola Mancino – Roberto Maroni → Membro do gabinete: Ciampi Cabinet (en) ![]() | |
Q55168089 ![]() | |
28 de abril de 1993 – 9 de maio de 1994 Membro do gabinete: Ciampi Cabinet (en) ![]() | |
49º Presidente do Consello de Ministros de Italia | |
28 de abril de 1993 – 10 de maio de 1994 ← Giuliano Amato – Silvio Berlusconi → Membro do gabinete: Ciampi Cabinet (en) ![]() Nomeado por: Oscar Luigi Scalfaro | |
Governor of the Banca d'Italia (en) ![]() | |
1979 – 1993 ← Paolo Baffi (pt) ![]() | |
Director General of the Bank of Italy (en) ![]() | |
1978 – 1979 | |
Knight of the Sovereign Military Order of Malta (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Scuola Normale Superiore. Classe di Lettere e Filosofia (en) ![]() ![]() Universidade de Pisa Convitto Nazionale Cicognini (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma ![]() |
Ocupación | banqueiro, economista, político ![]() |
Partido político | Partito d'Azione (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Regio Esercito (pt) ![]() ![]() |
Rango militar | tenente de segunda ![]() |
Conflito | segunda guerra mundial ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Franca Pilla (1946–2016) ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | carloazegliociampi.it ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Carlo Azeglio Ciampi, avogado nado o 9 de decembro de 1920, foi presidente de Italia de 13 de maio de 1999 ata 15 de maio de 2006.
Biografía
[editar | editar a fonte]Carlo Azeglio Ciampi naceu o 9 de setembro de 1920 en Livorno. Licenciouse en Literatura en 1941 na Scuola Normale de Pisa, graduándose logo en Dereito na Universidade de Pisa en 1946. Ese mesmo ano empezou a traballar no Banco de Italia. En 1960 foi ascendido para traballar na administración central do Banco e en 1973 converteuse en secretario xeral, vicedirector xeral en 1976 e director xeral en 1978. En outubro de 1979 finalmente chegou aos cargos de Gobernador do Banco de Italia e presidente do Ufficio Italiano Cambi, cargos que ocupou até 1993.
Desde abril de 1993 até maio de 1994 foi primeiro ministro, exercendo un goberno técnico durante un período de transición. Pouco despois ocupou o cargo de ministro do Tesouro, de 1996 até maio de 1999, durante os gobernos de Romano Prodi e Massimo D'Alema, traballando en introducir o Euro en Italia.
O 13 de maio de 1999 foi nomeado Presidente da República Italiana polo Parlamento. O 5 de maio de 2005 recibiu o Premio Carlomagno na cidade de Aquisgrán. A École Normale Supérieure de París converteuno doutor honoris causa o 15 de xuño do mesmo ano. Durante o seu mandato, Ciampi mantivo, mediante viaxes ao exterior de Italia boas relacións con distintos países do globo, mentres que na fronte interna se transformaba nun punto de referencia tanto para líderes opositores como para líderes gobernamentais. Ao finalizar o seu mandato, Ciampi renunciou a unha eventual reelección para 7 anos máis, aducindo á súa avanzada idade (86 anos) e optando pola senaturía vitalicia disposta para os expresidentes, deixando o cargo o 15 de maio de 2006, sendo sucedido por Giorgio Napolitano.