Javier Solana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Javier Solana
Francisco Javier Solana de Madariaga
Datos persoais
Nacemento14 de xullo de 1942
 España Madrid
OrganizaciónPartido Socialista Obrero Español
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Universidade da Virgínia
ProfesiónPolítico, físico e diplomático
Na rede
IMDB: nm1535528 Twitter: javiersolana Dialnet: 32726 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier Solana de Madariaga, nado en Madrid o 14 de xullo de 1942, é un político, físico e diplomático español. Foi, desde o ano 1999 ó 2009, representante da Política Exterior e de Seguridade Común da Unión Europea.

Está casado con Concepción Giménez Díaz-Oyuelos, e teñen 2 fillos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Javier Solana é sobriño de segundo grao [1][2] do escritor e diplomático español Salvador de Madariaga. O seu pai foi profesor de química. O seu irmán máis vello, Luis, foi enviado á cadea polas súas actividades opositoras á ditadura do xeneral Franco.

Estudou no exclusivo Colexio do Pilar de Madrid e na Universidade Complutense de Madrid onde se licenciou en 1964. Ese mesmo ano ingresou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) daquela ilegal en España.

Entre 1965 e 1970, permaneceu en diversas universidades dos Estados Unidos de América, cunha bolsa da Fundación Fulbright. Neste país tomou parte nas protestas contra a guerra de Vietnam e chegou a ser presidente da Asociación de Universitarios Estranxeiros.

En 1971 regresou a España e entrou como profesor asociado de Física do estado sólido na Universidade Autónoma de Madrid, onde obtivo o doutoramento en Ciencias Físicas. En 1973 obtivo a cátedra desta especialidade na Universidade Complutense de Madrid. Durante estes anos publicou máis de trinta artigos sobre a materia.

Javier Solana en xullo de 1999.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Cando regresou a España en 1971 Solana uniuse á Coordinación Democrática de Madrid como representante do PSOE.

En decembro de 1976, durante o XXVII Congreso Federal do PSOE, primeiro celebrado en España desde a guerra civil, foi elixido secretario de organización e prensa da Comisión Executiva, permanecendo cinco anos no posto. Consideróuselle amigo persoal e estreito colaborador do líder do PSOE Felipe González Márquez e un dos responsables da transformación deste partido nos anos seguintes á morte de Francisco Franco. O 20 de maio de 1977 acompañou a González na súa visita ó rei Xoán Carlos I no Palacio da Zarzuela.

Foi elixido deputado polo PSOE o 15 de xuño de 1977. Tralas eleccións de 1982 nas que o PSOE gañou a maioría absoluta no parlamento, foi ministro con este partido á fronte de Cultura (19821988), de Educación e Ciencia (19881992), de Asuntos Exteriores (19921995) e Voceiro do Goberno (1985-1988), sempre en gobernos presididos por González.

Durante os trece anos que permaneceu coma ministro, Solana conseguiu crearse unha sona de persoa discreta e hábil diplomático. Durante os últimos anos do goberno de Felipe González logrou manterse á marxe dos escándalos de corrupción e da implicación a guerra sucia contra ETA (véxase GAL), que caracterizaron o final do goberno do PSOE.

Para finais de 1995 Solana era o único membro do primeiro goberno de González que permanecía nel. Chegou a especularse na prensa coma o posible candidato a substituír a Felipe González á fronte do PSOE. Non obstante, Solana saltou á política internacional.

OTAN[editar | editar a fonte]

O 5 de decembro de 1995 Solana converteuse no novo secretario xeral da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), substituíndo a Willy Claes, quen se vira na obriga de dimitir por un escándalo de corrupción. O seu nomeamento foi controvertido, xa que anteriormente Solana opuxérase á Alianza Atlántica e escribira un documento denominado 50 razóns para dicir non á OTAN [3]. O PSOE manifestárase contrario á OTAN, pero unha vez no goberno a súa actitude cambiou. O 12 de marzo de 1986 en España someteuse a referendo a permanencia na OTAN, facendo o goberno e Solana campaña de forma exitosa a favor da permanencia.

Durante o seu mandado á fronte da Alianza Atlántica desenvolveuse a guerra de Kosovo, a primeira en que participou a OTAN desde a súa constitución en 1949. Esta intervención carecía da autorización da Organización das Nacións Unidas (ONU) e consistiu basicamente no bombardeo de obxectivos militares e civís da República Federal de Iugoslavia. A OTAN xustificou os ataques por motivos humanitarios a fin de evitar unha limpeza étnica en Kosovo[3], mais o deliberado ataque de obxectivos civís xerou críticas que chegaron a acusar á OTAN de violar os acordos de Xenebra.

O 6 de outubro de 1999 cesa nas súas funcións á fronte da OTAN, sendo sucedido polo británico George Robertson.

«Señor PESC»[editar | editar a fonte]

Solana converteuse no primeiro «Señor PESC», o encargado da política exterior e de defensa da UE, trala súa elección para este cargo, creado en 1999. Desde este posto pasou a ser a principal faciana da diplomacia da Unión, se ben a Comisión Europea conta cunha carteira adicional de relacións exteriores.

Adicionalmente Solana foi tamén o Secretario Xeral do Consello da Unión Europea.

Recibiu, o 17 de maio de 2007, o Premio Carlomagno da cidade de Aquisgrán, que distingue a personalidades polos seus servizos á unidade e ó progreso de Europa, pola súa contribución á paz.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Soledad Becerril
 
Ministro de Cultura de España
 
1982 - 1988
Sucesor:
Jorge Semprún
Predecesor:
Eduardo Sotillos
 
Voceiro do Goberno de España
 
1985 - 1988
Sucesor:
Rosa Conde
Predecesor:
José María Maravall
 
Ministro de Educación e Ciencia de España
 
1988 - 1992
Sucesor:
Alfredo Pérez Rubalcaba
Predecesor:
Francisco Fernández Ordóñez
 
Ministro de Asuntos Exteriores de España
 
1992 - 1995
Sucesor:
Carlos Westendorp
Predecesor:
Sergio Balanzino
 
Secretario Xeral da OTAN
 
1995 - 1999
Sucesor:
George Robertson
Predecesor:
Jürgen Trumpf
 
Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade da Unión Europea
 
1999 - 2009
Sucesor:
Catherine Ashton
Predecesor:
Jürgen Trumpf
 
Secretario Xeral do Consello da Unión Europea
 
1999 - 2009
Sucesor:
Pierre de Boissieu
Predecesor:
José Cutileiro
 
Secretario Xeral da Unión Europea Occidental
 
1999 - 2009
Sucesor:
'