Moeda de 20 céntimos de euro
Aparencia
A moeda de 20 céntimos de euro é dunha aliaxe composta principalmente por un 89 % de cobre, chamada ouro nórdico, que, malia o seu nome, carece de ouro na súa composición. Ten un diámetro de 22,25 mm, un grosor de 2,14 mm e un peso de 5,74 gramos. O seu bordo é liso con sete entrantes, formando a coñecida como “flor española”.
Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997. Este reverso común tivo un pequeno axuste en 2007.[1][2]
Caras actuais
[editar | editar a fonte]Caras antigas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Types of euro coins: common sides". European Commission.
- ↑ "Luc Luycx a dessiné l'€". En DH.be.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda de 20 céntimos de euro |