Coroa estoniana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda).
Coroa estoniana †
Eesti kroon en estoniano
EST-coins-overview (100).jpg2eek.jpg
Moeda de 1 coroa
Billete de 2 coroas
Código:EEK
Ámbito:Estonia Estonia
Símbolo:KR
Fracción:Sent (pl.: senti).
Moedas:1 e 5 coroas, e 50, 20, 10 e 5 senti.
Billetes:1, 2, 5, 10, 25, 50, 100 e 500 coroas.
Emisor:Banco de Estonia
Taxa de troco:
1 EUR = 15,6466 EEK.

A coroa estoniana (e estoniano: eesti kroon) foi a moeda oficial de Estonia entre os anos 1928 e 1940 e, posteriormente, entre 1992 e 2011, cando foi substituída polo euro. Dividíase en 100 senti (singular "sent").[1]

A coroa estoniana sucedeu na circulación o marco estoniano en 1928 e utilizouse, nun primeiro momento, ata a invasión soviética de 1940, cando comezou a utilizarse o rublo ruso. Nun segundo momento, a coroa reintroduciuse como moeda oficial logo da súa independencia da Unión soviética en 1991.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeira coroa (1928-1940)[editar | editar a fonte]

A coroa introduciuse en Estonia o 1 de setembro de 1928 para substituír o anterior marco estoniano, cunha taxa de troco de 100 marcos por coroa. Como moeda divisionaria estableceuse o sent ("céntimo").[2]

Selo postal de 2 coroas estonianas

Xa desde 1924, a coroa estoniana utilizábase como unidade de conta (malia non existir a súa especie física), cunha relación á par con respecto á coroa sueca, ambas baseadas no padrón ouro, a razón de 2.480 coroas por cada quilogramo de ouro puro. O baseamento nas reservas de ouro no Banco Central deulle unha cobertura real ao nacemento da nova moeda e, para asegurar a súa credibilidade nos mercados, estableceuse un cambio oficial con respecto á moeda estranxeira.[2]

Durante a Gran Depresión, en 1933, a coroa estoniana abandonou o padrón ouro, desvalorizouse o 35 % e acadou unha vinculación monetaria coa libra esterlina a razón de 18,35 coroas por libra.[3]

Esta situación mantívose ata o inicio da ocupación soviética de Estonia en 1940. A coroa estoniana foi cambiada polo rublo soviético cunha taxa dun rublo = 0,8 coroas. Ata a independencia de Estonia en 1991, logo da caída do Pano de Aceiro, o rublo seguiu a ser a moeda oficial da república.[2][4]

Segunda coroa (1992-2011)[editar | editar a fonte]

Billetes en coroas estonianas

Liberada do xugo soviético, a coroa foi reintroducida as Estonia o 20 de xuño de 1992, en substitución do rublo soviético, a razón dunha coroa por cada 10 rublos. O cambio entre as moedas foi limitado, de xeito que cada persoa só puido cambiar ata un máximo de 1500 rublos a 150 coroas.[2]

Inicialmente, a nova coroa estoniana mantivo unha vinculación co marco alemán, cunha taxa fixa de oito coroas por marco. Logo da introdución do euro na Eurozona (á que pertencía Alemaña), o tipo de cambio fixo de 1,95583 marcos reconverteuse en 15,64664 coroas por euro. O 27 de xuño de 2004, cando Estonia se uniu ao Mecanismo de Tipos de Cambio (ERM II), a paridade central da coroa estoniana revalorizouse lixeiramente, ata as 15,6466 coroas por euro.[1][2][5]

O 1 de xaneiro de 2011 acabou finalmente por substituír a coroa estoniana como moeda oficial da República de Estonia. Ambas as moedas circularon conxuntamente ata o 15 de xaneiro, momento en que a coroa deixou de ter curso legal. No entanto, o Banco de Estonia anunciou que cambiaría moedas e billetes de coroas estonianas polo seu equivalente en euros sen límite de tempos.[1][2][6]

Moedas[editar | editar a fonte]

Primeira coroa[editar | editar a fonte]

2 coroas estonianas de 1939, conmemorativas dos 300 anos da Universidade de Tartu.[7]

En 1928, as primeiras moedas en saír á circulación foron as de 25 senti, cuñadas nunha aliaxe de níquel e bronce. A esta primeira emisión seguiuna a dun sent, de bronce, en 1929; as dúas coroas, de prata, en 1930; os cinco senti de bronce e os 10 senti de níquel-bronce en 1931; a coroa de prata en 1933; os dous senti de bronce e a coroa de aluminio e bronce en 1934; os 20 senti de níquel-bronce en 1935 e, finalmente, os 50 senti na mesma aliaxe en 1936.[2]

O 25 de xullo de 1940, catro días despois da fundación da República Socialista Soviética de Estonia, emitiuse a derradeira moeda estoniana anterior á segunda guerra mundial, a nova moeda dun sent, que amosaba a data de 1939.[2]

Segunda coroa[editar | editar a fonte]

Escudo estoniano, anverso común da serie de moedas circulantes

En 1992 introducíronse as moedas cos valores faciais de 5, 10, 20 e 50 senti (algunhas datadas en 1991), nunha aliaxe de aluminio e bronce, así como as dunha coroa, en cuproníquel. No entanto, en 1997, a moeda de 20 senti substituíuse por outra de idéntico deseño en aceiro niquelado, e o ano seguinte a dunha coroa pasou a cuñarse an aliaxe de aluminio e bronce (o chamado ouro nórdico).[2][8]

As moedas de 5 senti deixaron de cuñarse a partir de 1994, aínda que mantiveron o seu curso legal ata a desaparición do sistema da coroa. As moedas dunha coroa de cuproníquel cuñadas en 1992, 1993 e 1995 foron retiradas da circulación o 31 de maio de 1998, por mor da súa similitude en peso e composición coas moedas do marco alemán.[9] Pola súa banda, as moedas de cinco coroas tiñan carácter conmemorativo e, malia teren curso legal, non era doado velas na circulación cotiá.[2][8]

Ademais destas, Estonia emitiu, a partir de 1992, moedas de colección de prata e de ouro en coroas estonianas en relación con sucesos deportivos, culturais ou nacionais, con valores como 10, 15,65 (a equivalencia co euro), 25, 50, 100 e 500 coroas.[10]

Imaxe reverso Valor Anos Metal Diámetro

(mm)

Peso

(g)

Anverso Reverso
EST-coins-overview (5s).jpg 5 senti

[11]

1991-1995 Cu+Al+Ni 15,95 1,29 Escudo de Estonia 5 SENTI - EESTI VABARIIK
EST-coins-overview (10).jpg 10 senti

[12]

1991-2008 Cu+Al+Ni 17,20 1,87 Escudo de Estonia 10 SENTI - EESTI VABARIIK
EST-coins-overview (20).jpg 20 senti

[13][14]

1992-1996 Cu+Al+Ni 18,95 2,27 Escudo de Estonia 20 SENTI - EESTI VABARIIK
1997-2008 Ace+Ni 2,00
EST-coins-overview (50).jpg 50 senti

[15]

1992-2007 Cu+Al+Ni 19,50 2,99 Escudo de Estonia 50 SENTI - EESTI VABARIIK
EST-coins-overview (100).jpg 1 coroa

[16][17]

1992-1995 Cu-Ni 23,35 5,44 Escudo de Estonia 1 KROON - EESTI VABARIIK
1998-2006 Ouro nórdico 5,00
EST-coins-overview (5).jpg 5 coroas

[18]

1994 Ouro nórdico 26,10 7,10 Escudo de Estonia 5 KROONI - EESTI VABARIIK 75 (75 aniversario do Banco Nacional de Estonia)

Billetes[editar | editar a fonte]

Primeira coroa[editar | editar a fonte]

Reverso do billete de 20 coroas estonianas de 1932

En 1927, antes da introdución da coroa como unidade monetaria oficial do estado estoniano, estaban xa en circulación billetes con valor facial de 100 marcos estonianos coa sobreimpesión ÜKS KROON ("unha coroa").

O Banco de Estonia emitiu billetes de 10 coroas en 1928, seguidos dos de 5 e 50 coroas en 1929, os de 20 coroas en 1932 e, finalmente, os de 100 coroas en 1935.[2]

Imaxe do anverso Valores Datas Tiraxe Motivo anverso Motivo reverso
5 coroas

[19]

1929 7.200.000 Pescador. Escudo de armas de Estonia.
10 coroas

[20]

1928

1937

1940

5.450.000

4.650.000

1.710.000

Rapaza labrega coa roupa tradicional estoniana. Escudo de armas de Estonia.
20 krooni esikülg.jpg 20 coroas

[21]

1932 2.700.000 Pastor. Escudo de armas de Estonia.
50 coroas

[22]

1929 1.070.000 Cantís de Rannamõisa. Escudo de armas de Estonia.
100 coroas

[23]

1935 485.000 Ferreiro. Escudo de armas de Estonia.

Segunda coroa[editar | editar a fonte]

En 1992 entraron en circulación os billetes de 1, 2, 5, 10, 25, 100 e 500 coroas. Algúns dos billetes de 5, 10, 25, 100 e 500 coroas estaban datados en 1991. En 1994 a serie completouse coa introdución do billete de 50 coroas. De xeito diferente ao resto dos valores, os billetes de unha e de cinco coroas tiveron unha única emisión.[2][24]

Imaxe anverso Imaxe reverso Valor Cor Motivo anverso Motivo reverso
Billete 1 corona estonia - 1992 - Anverso.png Billete 1 corona estonia - 1992 - Reverso.png 1 coroa Marrón Kristjan Raud Castelo de Toompea, Tallin
2eek.jpg EEK-2krooni-rear.jpg 2 coroas Azul Karl Ernst von Baer Universidade de Tartu
EEK-5krooni-front.jpg EEK-5krooni-rear.jpg 5 coroas Laranxa Paul Keres Castelo de Narva - Fortaleza de Ivangorod
EEK-10krooni-front.jpg EEK-10krooni-rear.jpg 10 coroas Vermello Jakob Hurt Carballo Tamme-Lauri
25EstonianKrooniNote 01.JPG 25EstonianKrooniNote(reverse).JPG 25 coroas Verde Anton Hansen Tammsaare Aldea de Vargamäe
EEK-50krooni-front.jpg EEK-50krooni-rear.jpg 50 coroas Verde Rudolf Tobias Teatro Estonia
100EstonianKrooni 01.JPG EEK-100krooni-rear.jpg 100 coroas Azul Lydia Koidula Klint báltico
EEK-500krooni-front.jpg EEK-500krooni-rear.jpg 500 coroas Violeta Carl Robert Jakobson Andoriña

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Krause, C. L.; Clifford, M. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801–1991 (18th ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501
  • Miller, F. P.; Vandome, A. F. (2010). Estonian Kroon. Alphascript Publishing. ISBN 978-6130813598
  • Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]