Saltar ao contido

Moeda de 2 céntimos de euro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reverso común da moeda de 2 céntimos de euro, deseñado por Luc Luycx

A moeda de 2 céntimos de euro é de aceiro recuberto de cobre. Ten un diámetro de 18,75 mm, un grosor de 1,67 mm e un peso de 3,06 gramos. Incorpora unha rañura distintiva no bordo.

Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997.[1][2]

Igual que as moedas dun céntimo, Finlandia e os Países Baixos decidiron non empregalas, e a súa produción é só para coleccionistas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]