Consello da Unión Europea
O Consello da Unión Europea é, xunto co Parlamento Europeo, o órgano lexislativo da Unión Europea. Representa ós gobernos dos estados membros. No seu seo, os estados membros lexislan para a Unión Europea, establecen os seus obxectivos políticos, coordinan as súas políticas nacionais e resolven as diferenzas existentes entre eles e con outras institucións.
En cada reunión do Consello participan representantes dos estados membros, normalmente ministros. Os estados membros revézanse na Presidencia do Consello cada seis meses: de xaneiro a xuño e de xullo a decembro. As reunións do Consello presídeas o ministro, correspondente ao asunto a tratar, do estado que obstente a presidencia rotatoria da UE.[1]
Funcións
[editar | editar a fonte]1. Aproba a lexislación da UE: Xunto co Parlamento da UE, comparten a decisión definitiva sobre a lexislación da UE.
2. Coordina as distintas políticas económicas da UE: Esta coordinación realízana os Ministros de Economía dos dististos estados membros. Outros obxectivos son crear máis emprego e mejollar os sistemas de educación, sanidade e benestar.
3. Firma de acordos internacionais: O Consello firma acordos en nome da UE.
4. Aproba os orzamentos da UE: Conxuntamente co Parlamento.
5. Desenvolve as políticas de exterior e de defensa da UE: Os gobernos nacionais son independentes nestes ámbitos, pero colaboran no desenvolvemento da chamada "Política Exterior e de Seguridade Común". O Consello é o foro principal desta cooperación.
6. Xustiza: Os cidadáns da UE deben ter igual acceso á xustiza en calquera lugar da UE. No Consello, os Ministros de Xustiza tratan de garantir que as sentenzas pronunciadas nun país da UE se recoñezan nos demais. Os Ministros de Xustiza e de Interior coordinan a vixilancia das fronteiras da UE e a loita contra o terrorismo e a delincuencia organizada.[2]
Próximas presidencias rotatorias
[editar | editar a fonte]Javier Solana Exsecretario Xeral | |
Secretariado Xeral: | Bruxelas |
Presidente: | Antonis Samarás (1º sem. de 2014) - Grecia |
Afiliacións políticas dos gobernos dos estados en xaneiro de 2005: PPE-DE (Azul) PSE (Vermello) |
- Letonia: 2015 (xaneiro-xuño)
- Luxemburgo: 2015 (xullo-decembro)
- Países Baixos: 2016 (xaneiro-xuño)
- Eslovaquia: 2016 (xullo-decembro)
- Malta: 2017 (xaneiro-xuño)
- Reino Unido: 2017 (xullo-decembro)
- Estonia: 2018 (xaneiro-xuño)
- Bulgaria: 2018 (xullo-decembro)
- Austria: 2019 (xaneiro-xuño)
- Romanía: 2019 (xullo-decembro)
- Finlandia: 2020 (xaneiro-xuño)
Votacións
[editar | editar a fonte]Por regra xeral, as decisións do Consello da UE adóptanse por maioría cualificada. Canto maior é a poboación dun país, máis votos ten, porén os números están ponderados a prol dos países con menor poboación:
- Alemaña, Francia, Italia e o Reino Unido: 29 votos
- España e Polonia: 27
- Romanía: 14
- Países Baixos: 13
- Bélxica, República Checa, Grecia, Hungría e Portugal: 12
- Austria, Bulgaria e Suecia: 10
- Croacia, Dinamarca, Irlanda, Lituania, Eslovaquia e Finlandia: 7
- Chipre, Estonia, Letonia, Luxemburgo e Eslovenia: 4
- Malta: 3
TOTAL: 352
A partir de 2014 introdúcese un sistema coñecido como "dobre maioría".
Para que unha proposta se aprobe, precisará do apoio de dúas maiorías: unha maioría de países (polo menos 15) e unha maiorías da poboación total da UE (os países a favor deberán representar como mínimo o 65% da poboación total da UE).
Para temas sensibles, como seguridade, asuntos exteriores ou impostos, as decisiones do Consello teñen que adoptarse por unanimidade. Isto significa que un só país pode vetar unha decisión..[3]