Helmut Kohl
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2021.) |
Helmut Kohl | |
---|---|
![]() | |
Helmut Josef Michael Kohl | |
Chanceler de Alemaña | |
Período | 1 de outubro de 1982 - 27 de outubro de 1998 |
Antecesor | Helmut Schmidt |
Sucesor | Gerhard Schröder |
Datos persoais | |
Nacemento | 3 de abril de 1930 |
Ludwigshafen | |
Falecemento | 16 de xuño de 2017 |
Oggersheim | |
Organización | CDU |
Pai | Hans Kohl |
Nai | Cäcilie Kohl |
Cónxuxe | Hannelore Renner (m. 2001) Maike Richter (2008 - presente) |
Fillos | Walter Kohl e Peter Kohl |
Alma máter | Universidade de Frankfurt e Universidade de Heidelberg |
Profesión | político |
Relixión | Igrexa católica |
![]() | |
Na rede | |
http://www.helmut-kohl.de/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Helmut Joseph Michael Kohl, nado o 3 de abril de 1930 e finado o 16 de xuño de 2017, foi un político e estadista alemán. Desempeñou o cargo de chanceler de Alemaña entre o 1 de outubro de 1982 e o 27 de outubro de 1998. Ata o 3 de outubro de 1990, data da unión das dúas Alemañas, foi só chanceler da República Federal de Alemaña, e a partir dese momento da Alemaña unida. Tamén dirixiu o partido Unión Demócrata Cristiá (CDU) entre 1973 e 1998. Morreu o 16 de xuño de 2017 aos 87 anos de idade.
Biografía[editar | editar a fonte]
Nacido en Ludwigshafen no seo dunha familia católica e conservadora, Kohl foi alistado na Wehrmacht (o exército regular da Alemaña nazi) e loitou, sendo aínda adolescente, no período final da segunda guerra mundial.
Estudou na Universidade de Heidelberg, onde se doutorou en Historia e Ciencia Política.
Casou con Hannelore Renner, á que coñeceu cando contaba apenas 15 anos, coa que tivo dous fillos. O 5 de xullo de 2001 Hannelore foi achada morta na súa casa en Ludwigshafen. Casou despois con Maike Richter, en 2008.
Carreira política[editar | editar a fonte]
Kohl incorporouse á CDU en 1947. En 1958 se doutorou en Historia cunha tese titulada O desenvolvemento político no Palatinado e o rexurdimento dos partidos logo de 1945. Entre 1969 e 1976 foi primeiro ministro do estado federado de Renania-Palatinado, pasando a continuación a ser membro do Parlamento federal como líder da oposición cristián-demócrata contra o goberno do socialdemócrata Helmut Schmidt. Foi candidato da CDU á chancelería nas eleccións federales de 1976, nas que se impuxo o SPD.
O 1 de outubro de 1982 Kohl sucedeu a Helmut Schmidt como chanceler a través dunha moción de confianza, na que o Partido Liberal de Alemaña (FDP), que ata ese momento apoiara aos socialdemócratas, cambiou de alianza e apoiou aos democristianos. Nos primeiros días do seu goberno, Kohl tivo que enfrontarse a unha dura oposición por parte dos socialdemócratas: os seus adversarios políticos referíanse a el a miúdo co alcume despectivo de "Birne" ('pera', en alemán), xa que a cabeza do chanceler representábase nas caricaturas da época con esa forma. Inicialmente Kohl ofreceu unha imaxe débil, pero pronto se viu que se trataba dun político decidido.
Kohl é o chanceler de Alemaña que durante máis tempo ocupou o cargo, exceptuando a Otto von Bismarck (que o foi durante 19 anos). O 27 de outubro de 1998 sucedeulle no posto Gerhard Schröder tras unha importante vitoria do SPD nas eleccións daquel ano.
Notas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Helmut Kohl |
Predecesor: Helmut Schmidt |
![]() Chanceler da República Federal Alemá 1982 - 1998 |
Sucesor: Gerhard Schröder |