Arredondamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O arredondamento[1] é o proceso mediante o cal se eliminan cifras significativas dun número a partir da súa representación decimal, para obter un valor aproximado. Simbolízase con ≈. Por exemplo, 2,95 ≈ 3 ou √2 ≈ 1,414 .[2]

O arredondamento utilízase co fin de facilitar os cálculos. Como desvantaxe, ao calcular con valores aproximados acumúlanse erros de que poden facer variar significativamente o valor estimado obtido respecto do valor irreal.

Métodos de arredondamento[editar | editar a fonte]

Método común de arredondamento[editar | editar a fonte]

As regras do arredondamento aplícanse ao decimal situado na seguinte posición ao número de decimais que se queira transformar. É dicir, se temos un número de tres decimais e queremos arredondar á centésima, aplicaranse as regras de arredondamento:

  • Díxito menor que 5: se o seguinte decimal é menor que 5, o anterior non se modifica.
Exemplo: 12,612. Arredondando a dous decimais, débese ter en conta o terceiro decimal: 12,612 ≈ 12,61.
  • Díxito maior ou igual a 5: se o seguinte decimal é maior ou igual a 5, o anterior increméntase nunha unidade.
Exemplo: 12,618. Arredondando a dous decimais, débese ter en conta o terceiro decimal: 12,618 ≈ 12,62
Exemplo: 2,3571. Arredondando á centésima é 2,36 , debido a que 2,3571 está máis preto de 2,36 que de 2,35.

Regras para casos particulares[editar | editar a fonte]

Nos seguintes exemplos, deséxase arredondar cada número ás centésimas (o derradeiro díxito requirido é o segundo díxito despois da coma decimal):

a) 4,123 ⇒ Regra 1: se o díxito á dereita do derradeiro requirido é menor que 5, o derradeiro díxito requirido déixase intacto. Resposta: 4,12

b) 8,627 ⇒ Regra 2: se o díxito á dereita do derradeiro requirido é maior que 5, o derradeiro díxito requirido aumenta unha unidade. Resposta: 8,63

c) 9,425110 ⇒ Regra 3: se o díxito á dereita do derradeiro requirido é un 5 non seguido de ceros, o derradeiro díxito requirido aumenta unha unidade. Resposta: 9,43

d) 7,385 ou 7,385000 ⇒ Regra 4: se o díxito á dereita do derradeiro requirido é un 5 seguido de ceros, o derradeiro díxito requirido déixase intacto se é par. Resposta: 7,38

e) 6,275 ou 6,275000 ⇒ Regra 5: se o díxito á dereita do derradeiro requirido é un 5 ou seguido de ceros, o derradeiro díxito requirido aumenta unha unidade se é impar. Resposta: 6,28

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrada "Arredondamento" no Dicionario da RAG e no Portal das Palabras.
  2. Matemáticas, 1º de ESO. Números decimais. Arredondamento e truncamento. Materiais en rede na aula virtual do CPI Manuel Suárez.